Mostrando entradas con la etiqueta Act. Complementarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Act. Complementarias. Mostrar todas las entradas

Día de Rosalía de Castro

Un ano máis o 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  propón á cidadanía que se agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

E, así, no Cole da Fraga imos celebralo elaborando e enviando unha postal cun verso que actúa de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. 

Como texto a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:

Canta, paxariño alegre, canta!
Canta porque o millo medre, canta!
Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxeu a noite.


Aquí podedes ver como quedou o traballo colectivo que fixemos para a entrada do cole:



Na casa pronto volo recitarán as vosas fillas e fillos.

               Feliz Día de Rosalía!!


.

BUZÓN DA AMIZADE

Esta semana recibimos o noso BUZÓN DA AMIZADE!!!!, que ilusión!

Preguntaredesvos que cousa é esa...pois mirade, os nenos e as nenas de 2º de EP estamos facendo novos amigos. Cada un de eles e elas fixeron un amiguiño ou unha amigiña do CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela. Escribíronlle unha carta e xa recibiron tamén unha deles.


Que bonito é ter novas amizades!!!!
Aquí temos algunha das probas gráficas da entrega dos buzóns en cada un dos coles.




 

Campaña "Un Nadal para todos"


Queridas familias :

Dende o colexio A Fraga queremos pedir a  vosa colaboración para que  nestas festas ningunha familia da nosa vila e, moi especialmente os máis pequenos,  o pase mal por falta de alimentos, de produtos de hixiene (cepillos e pasta de dentes, xel…) ou sen algún producto de Nadal (turróns, mazapáns, polvoróns, etc).

Podemos axudar entre todos deixando a nosa aportación nunha caixa que colocaremos na entrada do cole. Os alimentos recollidos serán enviados ao Concello para o seu reparto entre as familias.

Tamén podemos colaborar con xoguetes que teñamos na  casa, únicamente en moi bo estado, non queremos que os nenos xoguen con xoguetes rotos, suxos, gastados ou que dalgunha maneira se sintan desfavorecidos.

A recollida realizarase do 11 ao 16 de decembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.


O claustro



.

FIXEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO

Que ben o pasamos e como camiñamos!!! Toda unha experiencia!!!

O xoves fixemos un tramo do Camiño francés, un día excelente, moi cansado, pero moi bonito e que quedará no recordo de todos.

Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que fixéchedes isto posible: aos peques e pecas que nos deron unha gran lección coa súa responsabilidade e camiñaron os 14 km con gran enerxía disfrutando de todo.
 A ANPA, pola súa colaboración económica e aos papás e mamás que nos acompañaron e axudaron en todo, e a todos aqueles que querían vir e non puideron, mil grazas.
Aos profes, que sen eles isto non se pode sacar adiante, á nosa directora que deixou "o barco" por un día para acompañarnos e ao noso profe Carlos que sen él non poderíamos disfrutar destas xornadas de convivencia.
Aquí tedes algunhas fotos, a próxima semana colocaremos todas as que faltan.
Bo verán para tod@s!!




Saída a Marcelle: Ed. Infantil, 1º e 2º de EP

DSC_0308Hoxe fomos a Marcelle, a ver os animais e a pasalo moi ben coas actividades que ali teñen… Pasámolo xenial!!!

 

Para que vos fagades unha idea deixámosvos o enlace á galería de fotos… Botádelle unha ollada, xa veredes que ben o pasamos!!

 

GALERÍA DE FOTOS MARCELLE 2015

 

.

VIDEOCONTO VIAXEIRO!!!!


Mirade, que cousa máis bonita...



É o videoconto viaxeiro no que os nenos e nenas de 1º, 2ºe 3º de EP participaron, xunto co alumnado dos outro colexios do noso pobo. Si queredes podedes ver tamén a primeira parte, que se fixo xa o curso pasado.
DISFRUTÁDEO.




Se queredes velo na páxina web orixinal  O Contoviaxeiro "Aventura na Terra das Pontes! " pinchade nesta ligazón: https://cvaspontes.wordpress.com/

Entroido 2015

20150213_125853

 

Vimos de celebrar o Entroido!!!

 

Que ben o pasamos!!! Que risas, todos disfrazados, gastando bromas, cantando e bailando!!!

 

Por certo, íamos disfrazados do Proxecto @, grazas ao cal e á ANPA temos novos equipos informáticos no cole!!

 

Se queredes ver fotos, visitade esta Galería Entroido 2015  +  Un pequeno vídeo

 

 

.

Día da Paz 2015

20150130_125936Hoxe celebramos o Día da Paz, con varias actividades moi divertidas: xogos de educación emocional e educación responsable, o chocolate con churros, actuacións, cantamos, a obra de teatro “O país dos mandóns”… pasámolo de marabilla!!!

 

Podedes ver fotos nesta Galería Día da Paz 2015

 

 

 

.

QUE MEDO!!!

Os lambonciños de 1º de EP prepararon unha merenda monstruosa, que da moitísimo medo...pero deliciosa.

 Mirade para aí, e ide practicando na casa  que é sinxelo  ademáis de moi saudable.





Festival de Nadal 2014

DSC_0166Hoxe celebramos o Nadal cun festival no que participaron todos os cursos cunha actuación. Presentaron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria e ao final, tamén a ANPA participou coa súa actuación.

 

Gracias a todos e todas e…

FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO!!!

 

 

Se queredes ver as fotos do festival, visitade: Galería fotográfica Nadal 2014

 

.

FROITAS MISTERIOSAS

ESTES DÍAS APROVEITAMOS PARA PROBAR   FROITAS TROPICAIS!!!!


ESTAS VERDES SON FEIXOAS...





















E ESTAS QUE ESTÁN VESTIDAS CUN TRAXE ELEGANTE E ESCONDEN O SEU CORAZÓN LARANXA SON OS ALQUENQUEXES.



AMBOLOS DOUS ESTABAN BOÍSIMOS....




Magosto–Samaín–Halloween 2014

 

IMG_3103


Coma sempre celebramos o Magosto, o Samaín e o Halloween, cun feixe de actividades !!!

Maribel e Rebeca fixeron nas aulas postres típicos e temáticos de Halloween, mentras que no patio íanse asando as catañas…

Despois comemos todos xuntos as castañas e os doces… Hummm, que rico estaba todo!!!


E finalmente, saímos fóra a xogar con e pasalo moi ben, con equipos mesturados de nenos e nenas de todas as idades, dende infantil aos maiores de primaria… carreiras de sacos, chapas, o porco comecastañas. etc… Que risas!!!

Se queredes ver fotos visitade estas galerías:

E fixemos máis cousiñas  que outro día contaremos…


.

Benvidos ao cole!

Ola a tod@s e benvidos a un novo curso!!!
Xa ando pola Fraga.
Feliz volta a tod@s e tamén feliz curso para os nenos e profes que marcharon. E para empezar con enerxía imos cantar este "Happy pontés".
Bicos, Roel






We are Happy from As Pontes de Garcia Rodriguez. #happyfromaspontes from Editaquetedita on Vimeo.

Fotos da saída de fin de curso (1º EP)

DSC_0582Que ben o pasamos hoxe!!!

 

Fixemos unha camiñata pola zona de Doniños, cun  día de sol estupendo e poidemos pasalo xenial: camiñamos, merendamos a media mañá, xogamos un anaquiño, voltamos camiñar, xantamos e despois poidemos xogar todos xuntos un montón e polo medio fomos todos tomarnos un xeado:  que rico estaba!!!

 

Deixamosvos unhas fotos para que vexades un chisquiño do ben que o pasamos!!!

 

Nesta galería saímos sobre todo os de 1º de Primaria, pero enseguida poñeremos fotos dos demais cursos!!!

 

Galería fotográfica!!!

 

 

 

.

LEMOS NO LICEO

O sábado 17 de maio dentro das actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, tres alumnas do noso cole participaron, xunto con outros colexios de As Pontes, na lectura pública de textos en galego no Liceo. Noraboa a Paula de 2ºE.P. e a Cristina e Alba de 6ºE.P. Pasámolo moi ben e animádevos todos a participar o próximo curso.
Aquí vos deixo algunhas fotos.






Momentos no Entroido de 1º EP

 

"Momentos do Entroido", en 1º de Ed. Primaria.
 
 
Iste ano a conta dos Mandadiños demos as clases disfrazados… que risas!!!
 
Un pequeno vídeo mentrás líamos un texto do libro… mirade canto melloramos na lectura!!!
 
E que guapetones e guapetonas estabamos!!!
 


 





.

Os de 1º EP celebramos o Día da Paz!!

Hoxe celebramos o Día da Paz con diversas actividades no colexio: tomamos chocolate con churros todos xuntos, cantamos e bailamos… o pasamos pipa!!

Tamén debuxamos “apertas agarimosas” de paz!!

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo!!

 

Día da Paz - Peace Day

 

.

O NOSO BELÉN NA TVG

Hoxe ás 20:20 o noso BELÉN VIVINTE sairá na TVG. Estade moi atentos por si vos vedes!!!!


Grazas pola vosa colaboración e BO NADAL A TOD@S!!!!!!

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...