Mostrando entradas con la etiqueta Act. Extraescolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Act. Extraescolares. Mostrar todas las entradas

Semana da Prensa

Xa chegamos á Semana da Prensa na escola. Como traballades peques e pecas!!!! Imos coñecer porque se celebra e espero que vos gusten os xogos e actividades que propoñemos.
A Semana da Prensa foi instituída en Galicia por iniciativa de La Voz e celebrouse por primeira vez do 17 ao 21 de abril de 1989. Dende entón aparece anualmente no calendario escolar oficial, habitualmente a mediados do mes de marzo, este ano do 11 ó 15, especificando que "un día desta semana traballarase na aula cos xornais".
Prensa Escuela propón 7 razóns para ler o xornal na clase:
1. Lendo o xornal aprenderás a escribir e a expresarte mellor.

2. Estarás informado do que acontece ao teu redor e poderás opinar sobre distintos temas.
3. Poderás reflexionar sobre a actualidade, ser máis crítico e que non che dean gato por lebre.
4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importantes e, mesmo, levarlles a contraria!
5. O xornal será o teu mellor libro de texto: distinto  cada día.
6. Converterase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
7. E saberás que poñen no cinema, na tele, que se leva esta tempada, como vai a Liga,... e moitas máis cousas que de seguro che interesarán.

Si pinchas na imaxe poderás facer CREBACABEZAS e outras actividades.











Pinchando nestas imaxes tes moitas actividades para realizar.




























PARA OS MÁIS PEQUES AQUÍ TEDES UNHOS XOGOS. PINCHADE NAS IMAXES.


                                                                                     



                                                     







ANPA MEDOÑAS


Que é a A.N.P.A. e que facemos

A  A.N.P.A. Medoñas é unha Asociación de Nais e Pais sen ánimo de lucro cuxo obxectivo xeral é facer posible que os nen@s pertencentes a CEIP a Fraga realicen actividades distintas das académicas co fin de complementar a súa formación como cidadáns. Ao mesmo tempo pretende contribuír ao coñecemento, divulgación e trasmisión das costumes e cultura galegas.
A súa directiva está formada por nais e pais de alumn@s do centro que adican o seu tempo e esforzo de xeito desinteresado para lograr este obxectivo. Dentro das distintas actividades que vén desenvolvendo a A.N.P.A. podemos destacar:


Taller de plástica
No presente curso uníronse as actividades de manualidades e pintura. As clases son levadas a cabo por Carmen Bellas, licenciada en Belas Artes e cunha longa experiencia como monitora. Nas clases trabállanse diferentes técnicas dependendo da idade dos rapaces e ao remate do curso escolar exponse unha mostra dos traballos realizados no "Mercado Vello". Esta exposición está aberta a todo o público que desexe admirar a creatividade dos nosos pequen@s artistas.


Obradoiro de Teatro
Este obradoiro conta cunha traxectoria de 7 cursos no noso colexio, cuns excelentes resultados. Está dirixido por Montserrat Piñón, diplomada en Educación Infantil, monitora de teatro na escola de Teatro de Narón e integrante do grupo teatral "PINCOPE". Neste ano, debido á súa maternidade, o curso está sendo capitaneado polo seu compañeiro Pepablo. A actividade ten lugar os martes de 17 a 18 horas.


Obradoiro inglés de conversa
Esta actividade é unha novidade neste curso e está sendo impartida por Sara Ramos, licenciada en Filoloxía Inglesa. As clases impártense no colexio os martes e os xoves a diferentes horas dependendo da idade de os nen@s.


Festas e celebracións populares
A ANPA participa na celebración das festas do Magosto, Nadal, Entroido e Fin de Curso, aportando as bebidas e lambetadas propias de cada data como castañas, orellas, etc. Tamén convida ao chocolate con churros  o Día da Paz grazas ao traballo altruísta de Carmen Mota, nai dun dos nosos alumnos.
Na Festa de Fin de Curso motiva a todo os alunm@s do pobo a disfrutar de diferentes obradoiros e xogos populares para despedir todos xuntos o curso.
Por último, contribúe nalgunha das festas sufragando os gastos da actuación de teatro.


Agasallos e subvencións
Esta asociación dende hai tempo subvenciona parte das excursións dos seus soci@s durante o ano escolar e obsequia con numerosos agasallos aos nen@s do colexio, tanto de maneira individual como colectiva.


Almorzos
Desde o curso 2010-2011 a A.N.P.A. encárgase de organizar o programa “Almorzos no Cole” co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.


Actividades deportivas
A A.N.P.A. intenta promover e estimular a práctica do deporte como actividade física, mental,  lúdica e preventiva entre os nosos nenos a través da participación en ligas, torneos, carreiras, maratóns e calquera outro evento deportivo que se celebre  na localidade.
A directiva da ANPA participa no desenvolvemento e organización de actividades tan populares na nosa vila como son a liga escolar de fútbol sala, os distintos maratóns de fútbol sala de ABRENTE, o Torneo Anual de Xadrez, a Carreira de San Xosé e a Carreira Campo a Través.
Queremos aproveitar estas liñas para agradecer a todas aquelas persoas que dun ou outro xeito contribuíron co seu tempo, esforzo, ganas e ideas a ir consolidando un modelo de asociación que cremos fundamental no funcionamento do Colexio. Co seu apoio reiterado os nosos fillos puideron gozar dunha educación máis alá da meramente académica e aínda que todos esteamos acostumados a que estas actividades formen parte, ano tras ano, do quefacer diario de nosos pequenos, requiren unha mínima organización e tamén a comprensión e apoio de todos os integrantes da nosa asociación.



24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...