Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

RETO 3

Ola amiguiños e amiguiñas Que tal de vacacións? As miñas este ano foron en Exipto. Levo aquí un mes, coñecendo outra cultura e estudando as pirámides. SON ENORMES! Xa vin momias ( non a de Tadeo), sartegoscrocodilosarea... É moi bonito, pero en breve xa teño que marchar para outro sitio moi interesante, cheo de fauna, vexetación, aventura e misterio. Ide pensando cara a onde marcho. Jijiji 

Como levamos tempo sen falar, non volvín poñer outro xogo, pero este ano prometo poñer moitos. Preparados e preparadas ? Atención, atentos e atentas porque esta vez non é o mesmo xogo para todos, vai por idades, así que busca o que che corresponde.  


Ven a xogar comigo! 







OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS





OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS


OS NENOS E NENAS DE 1º DE E.P.

OS NENOS E NENAS DE 2º E.P.


OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º E.P.




OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º E.P.






AS VIAXES DE ROEL.

Ola peques e pecas!
Hoxe chegaron
cartas de Roel
e
tivemos unha gran sorpresa,
fíxonos unha visita .

Canta emoción!

Mirade os vídeos e fixádevos que nos propón un RETO. Animádevos a participar e a solución atopar.
Tamén nos deixou uns agasallos para o seu recuncho adornar.
Grazas Roel!
Volve axiña!

RETOS


Hoxe Alejandro móstranos os cómics da Biblioteca.

Hoxe, Alejandro,

encargado da biblioteca, 

móstranos onde podemos atopar 

distintos cómics 

que podedes

ler na biblio e levar para a casa.

24 de outubro, Día da Biblioteca.

Outubro é o mes das Bibliotecas. 

Así o cuarto luns de outubro celébrase o Día das Bibliotecas  Escolares e o 24 o Día Internacional da Biblioteca.

Trátase de concienciar á sociedade da importancia da lectura e de facer unha homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios.

Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España.
Este ano os elexidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último gañador do Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia- Fundación SM.
Pregón

Pincha na imaxe para saber o que podes facer para ser un bo lector.

































O recuncho de Roel.

Como xa sabedes estamos a traballar o proxecto 

A volta ao cole en 175 días

e Roel,
 que anda moi viaxeiro, segue por Londres.


Recordades o vídeo que nos mandou? (Pincha aquí para velo).

Vaia sorpresa que levamos  pola mañá cando chegamos.

Montou o seu recuncho na entrada do colexio

que bonito!! 
Ademais deixounos cousiñas, un estoxo, o seu buzón, unha maleta, un Big Ben,.....
Moitas grazas Roel, cal será a túa próxima viaxe?
























































Tamén nos deixou libros para                                                              coñecer moitos países.


CHEGA O CARTEIRO CON CARTAS DE ROEL DENDE LONDRES!!!

Que sorpresa tivemos hoxe!!!

Chegou un carteiro de Correos con cartas e regalos que Roel
 mandaba de Londres.

Este Roel é moi viaxeiro, tamén nos mandou un vídeo, mirade, mirade...



Moitas grazas Roel!!


E grazas tamén para o carteiro que nos trouxo esta sorpresa.

Mira a galería de fotos.




Este curso estamos moi viaxeiros. Traballamos o Proxecto

A VOLTA AO COLE EN 175 DÍAS

Facemos diferentes dinámicas e actividades con referencia a ese tema.

Así aprendemos un montón de cousas de diferentes países xa que saíndo de As Pontes visitaremos

Londres, París, Hungría,.., Exipto, África, India, China, Xapón, Norteamérica, Centroamérica e Sudamérica.

Cada clase fará diferentes traballos e actividades dunha zona, país ou continente e quedarán expostos polo cole cunha decoración moi especial para poder facer a volta ao cole visitando todos eses países.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

Hoxe celebramos o
  Día Internacional do Libro
data escollida porque coincide coa morte de grandes escritores como Cervantes e Shakespeare.

A idea orixnal desta celebración nace en Cataluña onde se celebra o Sant Jordi, San Xurxo, San Jorge, e a tradición di que se debe regalar unha rosa e un libro.

CANTO   MÁIS    LEDES,
MÁIS    IMAXINACIÓN    TEREDES
E   MÁIS    COUSAS   SABEREDES.



Crea a túa historia de san Xurxo, escolle diferentes escenarios, personaxes, pon diálogos e incluso dalle animación.











Pincha nas imaxes para coñecer cousas de don Quixote, ver vídeos, xogos,..........















Pincha para ver contos de Hans Christian Andersen.












Xoga coas palabras.











Biblioburro!!!!!

CONTACONTOS POLO ALUMNADO DE 5º / 6ºEP.

Co gallo do

  Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) 
e do
Día do Libro (23 de abril) 

estanse a celebrar no cole sesións de contacontos
polo  alumnado de 5º e 6º EP.                                                                                               
As historias contadas son:
O segredo de Flora,
O país dos mandóns,
Cocorico,
Rojo, Azul, Amarillo,
Los sacos de arena,
Arturo y Clementina.

Un traballo excelente.
Mirade os seguintes vídeos.
COCORICO
O SEGREDO DE FLORA
Vídeo resumo

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...