Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Educativo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Educativo. Mostrar todas las entradas

“Os cans pastores”, por Noa Giz de 1º de EP.



"Os cans pastores", por Noa Giz, de 1º EP.
Noa contounos moitísimas cousas dos cans pastores: razas, como axudan ás persoas a coidar do gando… foi moi interesante!!

Xenial, Noa, esperamos que nos contes máis cousas outro día!!!








.

Catálogo de especies arbóreas do noso cole!! (A21EG)

IMG_5083Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o catálogo de especies arbóreas do noso cole, como parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia para este ano.

Tras observar e identificar as diversas especies existentes nos patios do cole, seleccionamos as súas características principais, lles fixemos fotos e creamos uns carteis para etiquetalos.

Agora cando saiamos ao patio poderemos aprender pouco a pouco a recoñecelos e identificalos.

Gustounos moito saír a etiquetalos.

Podedes velos nesta publicación.

 

´.

O noso “Refraneiro Meteorolóxico” (Proxecto MeteoEscolas)

IMG_5071Hoxe, 5 de xuño de 2013, dentro das celebracións do Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o noso Refraneiro Meteorolóxico. Forma parte do noso proxecto de centro de MeteoEscolas.

 

Todos os curso recompilamos refráns relacionados coa meteoroloxía, tanto e galego e castelán como en inglés. Despois por cursos fomo facendo debuxos e, finalmente, os publicamos nun libro, que presentamos hoxe para que todos podades gozar e aprender con el.

 

Podedes botarlle unha ollada nesta publicación.

 

 

.

Charlas medioambientais e A21EG

IMG_5009Hoxe veu David a darnos unhas charlas medioambientais a todas as nenas e nenos de Educación Primaria, como actividade prevía á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que celebramos mañá.

Forman parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia, que para o Día Mundial do Medio Ambiente imos celebrar con, entre outras cousas, a catalogación das especies arbóreas do noso cole.

Pasámolo moi ben  e aprendimos cousas moi interesantes en relación á natureza e medio ambiente que nos rodea.

 

Se queredes podedes botar unha ollada ás fotos nesta GALERÍA.

 

.

Traballo de investigación "A Maruxaina", por Irene Salvatierra, 2º EP

 

"A Maruxaina", por Irene Salvatierra, de 2º EP.


Irene, de 2º EP, preséntanos o seu traballo de investigación sobre "A Maruxaina".


Superbonito, Irene, un gran traballo!!!










.

Traballo de investigación "O tenis", por David Barro, 2º EP



"O tenis", por David Barro, de 2º EP.


David, de 2º EP, preséntanos o seu traballo de investigación sobre o deporte do tenis.


Estupendo, David, un gran traballo!!!










.

Actividades Día Internacional da Muller Traballadora

 

IMG_1609Ola a todos e todas,

con gallo do Día Mundial da Muller Traballadora o 8 de marzo, hoxe viñeron unhas monitoras do Concello de As Pontes a realizar varias actividades moi chulas cos nenos e nenas de E. Primaria, para entender mellor a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. 

Pasámolo moi ben!!!      Podedes ver unhas fotos nesta GALERÍA DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2013

 

Para a Semana que ven, os peques de E. Infantil terán un contaconto titulo "O país dos mandóns".

 

Tamén fixemos uns traballiños para aprender máis cousas, e os nenos e nenas de 2º de Primaria puideron colgalos no taboleiro de novas para que todo o mundo lembrase o importante que é o traballo que fan as mulleres. Deixámosvos aquí unha mostra con estas fotografías.

 

IMG_1621IMG_1622

IMG_1623IMG_1624

 

IMG_1625IMG_1626

 

IMG_1627IMG_1628

 

IMG_1629IMG_1630

 

 

.

Día de Rosalía de Castro 2013

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.  Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.

Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizará, como xa fixo en anos anteriores, un completo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía. Entre outros a AELG propón aos centros do ensino a inclusión de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgaremos desde o noso espazo web para darlles visibilidade social.

Na SEGUNDA LECTURA COLECTIVA de Cantares Gallegos, participan 37 centros educativos de toda Galicia e de todas as etapas, con alumnado de todas as idades.

O noso centro participa lendo "Ora, meu meniño, ora", lido por 2º de Educación Primaria.

Mirade que bonito saíu!!!   Noraboa mociñas e mociños!!!

 

Ora, meu meniño, ora. Recitado polos nenos e nenas de 2º de E. Primaria 2012-13

 

 

Para ampliar información podedes visitar a web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

 

 

.

Día Internacional da Lingua Materna 2013

 

O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna 2013.

No noso cole imos ver a película de animación "O bosque animado" en galego, película gañadora de 2 Goyas na

XVI edición de los Premios Goya e, incluso, chegou a estar preseleccionada para competir polo Oscar á Mellor película de animación.

 

Que ben o imos pasaaaar!!

 

 

 

 

.

Canto tardan en degradarse...???

Se queredes saber canto tempo tarda a natureza en "limpar" o que nos tiramos, consumimos, non reciclamos... bótalle unha ollada a estes datos.

Despois pensa como podes axudar ao planeta e á natureza!!!

534789_482902155080548_1202883188_n

485302_485989348105162_1064069800_n

12216_457424487628315_1549600215_n

 

 

.

Un par de consellos medioambientais

Dende as actividades da Axenda 21 que estamos a desenvolver no cole, queremos ir pouco a pouco transmitindo consellos de sostenibilidade e respecto á natureza, para empezar estes dous:

 

408746_467754936595270_814042518_n

 

430782_454941424543288_911936404_n

 

.

O Apalpador visitounos!!!


O Apalpador veu visitar aos nenos e nenas do cole!!!
Pasou un bo anaco con todos nós e aproveitou para apalparnos a barriga e darnos castañas!!
Por se non sabedes a tradición galega do Apalpador lede esta breve historia e despois ide ver as fotos que nos fixemos con él.

apalpador


.

10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos.

IMG_1321A semana do 10 ao 14 de decembro estivemos traballando os Dereitos Humanos no cole.

 

Os nenos e nenas de 2º de E. Primaria colgamos no corredor dos "maiores" os nosos traballiños...

 

A ver que vos parecen!!!

 

IMG_1316

IMG_1317

 

 

 

 

 

 

 

IMG_1318

IMG_1320

 

 

 

 

 

 

 

IMG_1319

 

.

NADAL SOLIDARIO 2012!!!


Queridas familias :
image
Dende o colexio A Fraga pedimos a vosa colaboración para que nestas festas ningunha familia do noso pobo quede sen produtos de Nadal (turróns, mazapáns, polvoróns ou outros que vós consideredes axeitados). Podemos colaborar todos deixándoos nunha caixa que colocaremos na entrada do noso cole. Os alimentos recollidos serán enviados para o Banco de Alimentos do Concello.
Tamén podemos colaborar con xoguetes que teñamos na casa en bo estado. Serán recollidos e enviados a Cáritas. Ningún neno sen xoguetes en Nadal!.
A recollida realizarase durante a semana do 10 ao 18 de decembro.


Moitas grazas pola vosa colaboración.
Claustro e ANPA
Ampliar folleto                 

.

Programa MeteoEscolas

DSC_0378O CEIP Plurilingüe A Fraga participa no programa Meteoescolas co obxectivo de desenvolver de xeito interdisciplinar competencias en investigación medio ambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, dando pé ao desenvolvemento das competencias básicas, por un lado, e apoiar a mellora dos logros dos estudantes e aumentar a concienciación medioambiental.
Ao participar, tamén, no Programa A21EG tratamos de integrar a cultura da sostibilidade e concienciación medioambiental no noso proxecto educativo, reforzando os nosos obxectivos educativos e a formación do noso alumnado como cidadáns responsables co seu entorno.
Propoñémonos como principais obxectivos que o noso alumnado tome conciencia das características meteorolóxicas e climáticas do seu entorno máis próximo e da súa relación con outros saberes e, moi especialmente, dos diversos aspectos da natureza e da importancia das actitudes, hábitos, etc, para tratar de gozalos, cambialos e/ou melloralos con pequenas accións que están ao seu alcance, dende a escola, en primeiro lugar, e dende o seu fogar e familia en última instancia.
Así mesmo, serve de motivación para incorporar prácticas docentes innovadoras que reforcen o desenvolvemento das Competencias Básicas e a Educación en Valores. O valor innovador deste programa débese á capacidade de vincular coñecementos meteorolóxicos e climáticos con actividades de aula, especialmente a nivel de matemáticas, coñecemento do medio e linguas, por un lado, e de darlles unha utilidade tanto persoal, mediante a comprensión e a toma de pequenas decisións, como social, inculcando valores e actitudes, por outro.
OBXECTIVOS XERAIS
  • Mellorar o currículo do alumno en temas medio ambientais e de Coñecemento do Medio.
  • Favorecer a tarefa común de coñecer mellor o clima galego en xeral e o microclima do noso contorno, en particular.
  • Promover a investigación na escola.
  • Favorecer o desenvolvemento de actitudes de sensibilidade e respecto á natureza.
  • Difusión a través de materiais analóxicos e dixitais de informacións e actividades relacionadas co Programa MeteoEscolas.
Para elo trataremos de empregar unha metodoloxía pedagóxica que vincule a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de novas habilidades, actitudes e valores.
Propoñémonos levar a cabo pequenas accións sensibilizadoras e concienciadoras por parte do alumnado, moi concretas e realizables.
Ao mesmo tempo, trataremos de poñer o acento no protagonismo do alumnado e na súa participación activa no desenvolvemento das diversas actividades, mediante a transversalidade das aprendizaxes.

.

Reciclemos!



Coa reciclaxe non só nos desfacemos dos refugallos dunha maneira sustentable e ecolóxica senón que ademais axudamos á redución do gasto de recursos naturais, a contaminación do noso planeta e, en definitiva, axudamos ao Medio Ambiente.













.

Guía do curso 2012-13

imageCada curso comezamos con ilusións renovadas e co pensamento posto nas persoas ás que vai destinado o noso servizo de ensinanza, aos profesionais que prestan o servizo e aos alumnos e alumnas que son os destinatarios e para os cales existe esta institución de ensinanza.
Os que formamos parte do equipo directivo do centro temos a responsabilidade de implantar, continuar e mellorar proxectos e programas, compartindo a nosa ilusión e esperanzas con toda a comunidade educativa.
É moi difícil satisfacer as expectativas de todos, pero en cada período tratamos de recoller as inquedanzas máis significativas, a maioría dos pensamentos e intereses que aquí conflúen.
A suma de esforzos, a participación activa de todos e as gañas de ser cada día máis e mellores deberán presidir a nosa actividade diaria.
Ese é o noso desexo para este curso.
O EQUIPO DIRECTIVO.

 

Descargar a Guía en PDF

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...