Os peques e pecas de 1ºEP seguen camiñando con Peregrina.

Os peques e pecas de 1º EP seguen camiñando con Peregrina.

Susana recolleu conchas en Pontedeume; 

Leire pedras, caracolas e conchas;

Arianne fíxolle un libriño

e Silvia construíu unha igrexa!!

Moi ben feito peques!

Grazas polos vosos traballos e pola colaboración das familias.
Mirade o video con todos os traballos.

PEREGRINA on PhotoPeach

Hoxe visitounos Roel.

Que sorpresa tivemos hoxe!!

Visitounos Roel!!

Trouxo o Buzón da Amizade para a clase de 2º EP

e pasou polas clases,

cantas risas....

Volve pronto Roel e non tardes tanto!

Un bico.








FOMOS AO LICEO, A LER A MANUEL MARÍA

Coma cada ano, para celebrar o día das Letras Galegas, nenas e nenos do colexio foron ao Liceo a ler un fragmento da obra do autor homenaxeado neste ano, Manuel María.
Iago, Lucas, Nerea e Alex leron cadanseu poema do autor, poemas todos eles  sobre árbores autóctonas. Fixerono xenial!!!!

Ademais de escoitar a nenos e nenas de outros colexios, había unha banda de gaitas e o grupo poético Alalá.

Os alumn@s de 5º "visitan o seu super"

 

Os alumn@s de 5º de Primaria visitaron o supermercado Eroski da localidade, a proposta da mesmo e como actividade complementaria ao Plan Proxecta da  froita.



En primeiro lugar viñeron dar unha charla ao cole sobre:
-          Hábitos de vida saudable.

-          A experiencia de compra.

-          O supermercado da localidade: persoal, traballo en equipo, seccións, tíckets, parking, IVA, etc.

-          Diferenza entre comer e nutrirse. Tipos de nutrientes (enerxéticos, constructores, reguladores)




E posteriormente fomos ó super onde visitamos as diferentes seccións:
Na froitería fixáronse na orixe dos produtos, envasado, necesidade dos guantes, etc.



Na panadería recordaron o seu proceso e viron as diferentes variedades.


Na peixería explicáronnos como diferenzar o peixe azul do branco e a súa frescura. Ademais ensináronnos como quitar a espiña a un peixe para que nos resulte máis doado comelo!!



Na carnicería mostráronnos os equipos de protección individual (EPI): botas, guante, mantelo, etc.


 Na sección de lácteos reflexionamos sobre a data de consumo preferente e a de caducidade.


Na perfumería incidíronlles na hixiene e a importancia de lavar as mans facendo unha divertida dinámica.


E finalmente mostrounos o contedor de aceites onde poderán desbotar os residuos, e tamén firmaron un contrato oral como coidadores do planeta.



A continuación servíronnos unha merenda a base de froitas, zume natural e iogures bebibles.


Despois xogaron  a adiviñar diferentes froitas e verduras polo tacto, olfato, gusto, etc.
 


E finalmente, antes de regresar ao colexio repartíronnos unha bolsa con froitas, galletas, zumes, etc.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016

MANUEL MARÍA
No 2016 as letras galegas adicanse ao escritor Manuel María Fernández Teixeiro. 

Defensor da nosa lingua e da nosa cultura, escribiu multitude de libros en tódolos xéneros pero especialmente poesía. En lembranza da súa infancia escribiu un fermoso libro:



Ademais moitos dos seus poemas foron musicados, aquí vos deixamos a mostra. Disfrutade del.



JESUSITO NA CLASE DE 5 ANOS

Os peques e pecas de 5 anos tiveron un amiguito novo durante este curso
Jesusito
cada semana visitaba algunha casa, xogaban,
 lían contos,...
que ben o pasaron xuntos!!!

e que debuxos máis bonitos fixeron!!

Mirade o video...




O NOSO AMIGO JESUSITO on PhotoPeach

CARIÑOGRAMA

Ao longo do curso dende as asignaturas de Relixión e Valores estivemos a traballar o 

CARIÑOGRAMA

co fin de:

fomentar o compañerismo
mellorar o clima da aula
mellorar a autoestima
...




Cada alumno fixo o seu sobre personalizado e os compañeiros podían enviarlle mensaxes, cartas,facerlle debuxos,...

sempre destacando aspectos positivos sobre a actitude, a súa persoa, traballo,...

para darlle grazas, disculparse,.....

Unha vez ao mes ábrense os cariñogramas que cada alumno garda nunha caixa de tesouros.




Canta emoción!!!!









Cariñograma de 3º EP.






Cariñograma de 2º EP.


Cariñograma de 6ºEP.


















 cariñograma de 4º EP.


Os larpeir@s da Fraga. 3ª semana

Os larpeir@s da Fraga desfrutaron outra semana máis de froita na hora do tentempé: plátano, amorodo, peladillo, mazá e melón.
Durante a mesma fixemos un montón de actividades, entre elas:
Os alumnos e alumnas de 1º fixeron batido de amorodo con dúas receitas diferentes.
 1º Cortaron os amorodos.

 2º Eliximos que receita facer primeiro: batido de azucre e iogur.
 

 3º Botaron o azucre enriba dos amorodos cortados.

 4º Botamos o iogur natural sen azucre.

 5º Batimos.

 6º E probamos!!!!

 Ummm, que rico!!!

 7º E tamén probamos a facer batido de amorodos con leite e unhas cucharadas de leite condensada. Tamén está boísimo!!!!
 
 
E por se vos animades a facer receitas creativas cos vosos nenos e nenas, deixovos dous enlaces a webs onde podedes atopar un montón delas.
 


Pero isto non foi o único... tamén están a elaborar un arco iris clasificando por cores as froitas e hortalizas. Esperamos rematalo pronto para ensinarvolo.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...