Día escolar da paz e a non violencia


O luns 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, tomamos chocolate, biscoito, cantamos, bailamos... pasámolo xenial. Gracias a todos pola vosa colaboración. Podedes ver aquí as fotos da chocolatada e o vídeos.
Galería de fotos


Dende o noso cole queremos unirnos á campaña solidaria a favor do pobo de Siria.
Por iso o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria fixemos esta coreografía. Quixemos que a nosa roupa se identificara coas cores da súa bandeira. Esperamos que lles axude e de forza.









O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria bailamos coa canción de Madre Tierra de Chayanne. Que ben o pasamos!!

E os nenos e nenas de infantil cantamos e bailamos as "Vocales de la Paz"




Visita á Casa do Mel - por Aitane e Arianne, 2º EP.


Aitana e Arianne acaban de facernos a exposición dun traballo espectacular, acerca da súa visita á Casa do Mel.. Impresionante!!!


Contáronnos un montón de cousas das abellas e do mel e, por riba, trouxéronnos a proba!!!

Que rico estaba o mel, hummmm!!!


Grazas, Aitana e Arianne!!!




" Visita á Casa do Mel ", por Aitana e Arianne, de 2º EP. 











































.

O Club Muralla de Lugo visita o noso centro





O pasado mércores tivemos unha visita dos membros do Club Muralla de Lugo.
Viñeron ao noso cole para explicarnos algunhas cousas sobre o seu deporte favorito, o Rugby.



Moitas grazas pola visita. Encántanos este deporte.

WANGARI MAATHAI, a "Muller árbol" Premio Nobel da Paz 2004.

Ola peques e pecas acércase a celebración do Día da Paz, e na clase de reli coñeceremos a 

Wangari Maathai

a "Muller Árbol".

Muller keniana que ante a situación de deforestación do seu país comenzou plantando árbores no patio da súa casa, iniciando así o 

Movemento  Cinturón Verde

chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en África. Sendo as mulleres pobres de África as encargadas.

A Wangari, coñecida como a Muller Árbol, concedéronlle o Premio Nobel da Paz no ano 2004. Sendo a primeira muller africana galardonada con este premio.



Video sobre Wangari.


Canción:




Cuento y actividades


Video precioso no que Wangari anímanos  a esforzarnos e buscar sempre solucións, nunca pechar os ollos ante as dificultades.

Para saber más pincha aquí.

Escola de Familias: "Como ensinar a comer"


O vindeiro martes, 17 de xaneiro, ás 17, 30 horas, celebraremos unha nova sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre "como ensinar a comer", coa finalidade de orientar ás familias sobre a posta en práctica dunha alimentación axeitada e saudable.

Terá o formato de tertulia interactiva onde teredes ocasión de comentar, preguntar, aclarar calquera dúbida, curiosidade ou preocupación con Ana Isabel Fernández Escuredo, Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e, ademais, nutricionista.

Por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

Ya vienen los Reyes Magos

 
                   

Peques e pecas,
           despedimos as festas navideñas cunha tradición moi arraigada na nosa cultura, A NOITE DE REIS. A súa orixe atópase no Evanxeo de San Mateo, onde se di que uns magos de Oriente guiados por unha estrela chegan a Belén para adorar a Xesús.
           Noite esperada por nenos e maiores, noite de ilusión e maxia.
           FELIZ NOITE DE REIS!!!

Algunhas recomendacións para mercar xoguetes

Nestas datas téndese a comprar impulsivamente agasallos e especialmente xoguetes para os máis pequenos da casa. Para que reflexionedes antes de mercar pinchade na imaxe e levaravos a un documento con algunhas recomendacións para elixir o mellor xoguete.

https://1drv.ms/b/s!ArHsQxdTz7Y7g41lxs6t5UOaUXiFaw
 
Seguide disfrutando destas vacacións!!
 
 

RECETAS CON FROITAS


Os alumnos e alumnas do CEIP Pluriligüe A Fraga elaboraron de xeito voluntario receitas con froitas para 1º e 2º prato e sobremesa.
Aquí vos colgo a recopilación das mesmas por se alguén quere poñerse o gorro de cociñeiro nestas vacacións de Nadal.



Boas Festas e bo proveito!!




 
 







Os océanos, por Amaia Pumares








" A Torre de Hércules ", por Silvia Calvo Vilaboy, de 2º EP. 
Amaia ven de presentarnos un extraordinario traballo de investigación sobre os océanos. Falounos das súas características, diferencias cos mares, animais mariños, contaminación, etc...!!!


Agora cando vaiamos á praia lembraremos moitas destas cousas e gozaremos do mar ou do océano moito máis... Grazas Amaia por un traballo tan interesante!!!





















.

A Torre de Hércules, por Silvia Calvo Vilaboy







" A Torre de Hércules ", por Silvia Calvo Vilaboy, de 2º EP. 
Silvia tfixo un gran traballo de investigación. Falounos a finais de outubro sobre a Torre de Hércules!!!

Silvia explicounos de maravilla, a súa visita e os datos máis interesantes deste monumento tan bonito...




Estamos desexando ir facer unha visita á Torre de Hércules!!!





















.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...