DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro dedícaselle o día á gran poetisa galega Rosalía de Castro.  

No CEIPP A Fraga tamén quixemos facerlle a nosa homenaxe escoitando algún dos seus poemas e facendo estas fermosas rosas.





O ARQUEIRO OLÍMPICO, MIGUEL ALVARIÑO, HOXE CON NÓS.






















Hoxe tivemos a visita do ilustre arqueiro pontés 

Miguel Alvariño.

Campión de España, Europa, olímpico en Río 2016 e desexámoslle  Tokio 2020.

Ademais dun gran arqueiro demostrou ser mellor persoa, achegándose con moito agarimo aos peques explicándolles cousas da súa experiencia como arqueiro.

Moitas grazas por acompañarnos, pasámolo xenial 
e aprendimos moitas cousas!!!


SEMANA DA AMIZADE



Esta semana na Biblioteca celebramos a 
SEMANA DA AMIZADE
con moitos obradoiros 
que nos fixeron pensar sobre a importacia dos amigos.
Como nos dixo Roel na súa carta
"Quen ten un amigo ten un tesouro".

Estas son algunhas das imaxes.
Que ben o pasamos!!













NOVIDADES LECTORAS

NOVIDADES LECTORAS:

Ola peques e pecas

 na Biblioteca do cole temos moitas novidades lectoras.

Xa sabedes, o horario de préstamo é nos recreos, pero 

tamén podedes vir pola Biblioteca en horario de tarde,

Infantil, primeiro e segundo de primaria sempre  

acompañados por un adulto e os demais cursos soíños.

Animádevos a vivir moitas aventuras!!!

Vémonos na Biblio!!!!

Resultado de imagen de eslogan de lectura



24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA

O Día da Biblioteca celébrase

 en toda España dende 1997

 cada 24 de outubro 

en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992.




"...a biblioteca escolar debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria." Bibliotecas Escolares de Galicia.




Pregón feito por Gemma Pascual:
A SEN CONTO


Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul.
Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.
Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.


Tradución: Héctor Cajaraville







"Zalaira"´agasallo de Picariños para Roel.

Recibimos un agasallo moi especial 

feito polo equipo  PICARIÑOS para o cole.

Un conto cheo de valores, 

ZALAIRA

onde a bruxiña Zalaira e a súa amiga a Curuxa viven grandes aventuras. 

Moitísimas gracias Picariños.

ROEL E O RECUNCHO POLA IGUALDADE. Inauguramos a Biblioteca.

                                                                                                                                                                      Inauguramos a nosa Biblioteca 
                                                          cunha gran sorpresa:

"O RECUNCHO POLA IGUALDADE"

Con libros e contos moi interesantes
que nos trouxo Roel
das súas aventuras veraniegas.


Pasade pola Biblio a coñecer o novo recuncho
e a disfrutar das súas lecturas.




SEMENTEIRA DE LIBROS













Aproveitando as

Casiñas dos Libros

que hai no pobo e coa finalidade de fomentar  valores
como a solidariedade, o compartir, a empatía e xenerosidade,...

decidimos facer unha

sementeira 

e deixar libres moitos libros

co fin de axudar a
transformar o mundo enteiro 
       nunha Biblioteca  e 
     fomentar o amor pola lectura.








Mirade o que nos propón Roel....unha sementeira de libros.

Como xa sabedes,
 a Roel gústalle moito ler,

e anda pola fraga a deixar libros
 "nas Casiñas dos Libros" 

Que ben Roel!!!!

Nosoutros tamén faremos unha 

SEMENTEIRA DE LIBROS 

nas casiñas.

Celebramos o Día do Libro con Paula Carballeira



















Hoxe, 23 de abril, 
 Día do Libro,
 visitou o noso museo a  escritora, contacontos e actriz
 Paula Carballeira.

Contounos contos, xogamos, cantamos,
 firmounos libros,.....Pasámolo xenial!!!!
A auxiliar de conversa Theresa contou ao alumnado de 2º e 5º cursos de EP o conto de Paula Carballeira en inglés 
Jump Pepa, Jump


24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...