Este 5 de xuño cúmplense 40 anos da primera cumbre ambiental, a Conferencia de Estocolmo. Por iso celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, así establecido pola
Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e tamén aprobou a creación do
Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
O Día Mundial do Medio Ambiente é un xeito de sensibilizar en relación a temas ambientais, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O CEIP Plurilingüe A Fraga, uníuse o proxecto
Axenda 21 Escolar de Galicia (A21EG) con ise mesmo obxectivo, o de sensibilizar, motivar e ensinar aos nosos nenos e nenas que podemos e debemos cuidar o noso entorno natural, o noso planeta. Por iso realizamos diversas actividades nas que participaron todos os cursos e áreas, como parte do noso Proxecto Educativo.
Deixámosvos aquí uns vídeos simpáticos e especialmente interesantes para os máis pequenos, para animarvos a todos a
Cuidar o Planeta!!!
.