HISTORIA DO SAMAÍN

Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. 

Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos.Ninguén podía saír do pobo, pois  as ánimas dos finados volvían visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. 

     Os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura, así por exemplo nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que  terás boa fortuna durante o que queda de viaxe.    

Os celtas para afastar dos seus castros perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí  vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos ou calabazotes. Ainda que dándolle nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween  americano.
               

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...