Que ben o pasamos e como camiñamos!!! Toda unha experiencia!!!
O xoves fixemos un tramo do Camiño francés, un día excelente, moi cansado, pero moi bonito e que quedará no recordo de todos.
Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que fixéchedes isto posible: aos peques e pecas que nos deron unha gran lección coa súa responsabilidade e camiñaron os 14 km con gran enerxía disfrutando de todo.
A ANPA, pola súa colaboración económica e aos papás e mamás que nos acompañaron e axudaron en todo, e a todos aqueles que querían vir e non puideron, mil grazas.
Aos profes, que sen eles isto non se pode sacar adiante, á nosa directora que deixou "o barco" por un día para acompañarnos e ao noso profe Carlos que sen él non poderíamos disfrutar destas xornadas de convivencia.
Aquí tedes algunhas fotos, a próxima semana colocaremos todas as que faltan.
Bo verán para tod@s!!
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
FIXEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO
Etiquetas:
1º EP,
2º EP,
3º EP,
4º EI,
4º EP,
5º EI,
5º EP,
6º EI,
6º EP,
Act. Complementarias,
E. Física,
O Camiño de Santiago,
Relixión Católica,
Saídas Culturais
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Today we have had the last Bilingual Art class of the course 2011-2012. .
Buen Camino!!!
ResponderEliminar