Campaña "Un Nadal para todos"


Queridas familias :

Dende o colexio A Fraga queremos pedir a  vosa colaboración para que  nestas festas ningunha familia da nosa vila e, moi especialmente os máis pequenos,  o pase mal por falta de alimentos, de produtos de hixiene (cepillos e pasta de dentes, xel…) ou sen algún producto de Nadal (turróns, mazapáns, polvoróns, etc).

Podemos axudar entre todos deixando a nosa aportación nunha caixa que colocaremos na entrada do cole. Os alimentos recollidos serán enviados ao Concello para o seu reparto entre as familias.

Tamén podemos colaborar con xoguetes que teñamos na  casa, únicamente en moi bo estado, non queremos que os nenos xoguen con xoguetes rotos, suxos, gastados ou que dalgunha maneira se sintan desfavorecidos.

A recollida realizarase do 11 ao 16 de decembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.


O claustro



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...