Visita de Barosa ao Castelo da Fraga

A semana pasada recibimos no noso castelo a visita da Escola Infantil Municipal Barosa.  Que bo rato pasamos!!!

Agradecémosvos os vosos agasallos para o castelo: un cabalo, un escudo, unha espada e un casco... todo o equipo para o noso cabaleiro Robustiano!!

Esperamos que vos gustara e moitos bicos para todos/as!!

Aquí deixámosvos unha pequeniña mostra do voso paso polo Castelo da Fraga!!

2 comentarios:

  1. I like the school's medieval theme. What a fantastic costumes that everyone has. What is the name of the Knight in chainmail? Oh by the way, your NEW principal looks good in blonde. :-)

    ResponderEliminar
  2. Dende a E.I.M. Barosa agradecervos a invitación. Encantounos o colexio simulando un castelo. Hai moito traballo realizado para conseguir ese estupendo resultado. Quedou xenial! Parabéns a todos/as!!!
    Grazas tamén por acollernos con agarimo e polos vosos agasallos para os nenos/as da nosa escola.
    Agora agardamos a vosa visita á nosa escola infantil. É gratificante poder compartir, ano tras ano, esta experiencia.
    Un saúdo para todos/as.

    ResponderEliminar

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...