SAÍDA CULTURAL A VILALBA DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA



Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria visitaron a capital chairega para afondar en coñecementos históricos o pasado 14 de outubro.
• Visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía. En primeiro lugar viron un vídeo presentación, a continuación visitaron as exposicións cunha guía, seguidamente realizaron un obradoiro de cerámica, para finalizar cun recoñecemento de pezas arqueolóxicas.

• Comida na praia fluvial da Magdalena.
• Camiñata pola marxe do río Magdalena desde o rehabilitado Muíño do Rañego ata a praia fluvial, percorrendo o chamado Paseo do Soños onde están instalados monumentos adicados a grandes artistas galegos e especialmente da Terra Chá: Paco Martín, Manuel Mª Fernández Teixeiro, Agustín Fernández Paz, Xavier P. Docampo, Darío Xoán Cabana, Xosé Manuel Carballo, Margarida Ledo Andión, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Ramón Chao Rego e Xulio Xiz Ramil.
•Visita á Queixería Don Crisanto en Moreda (Lanzós) onde nos explicaron o proceso de produción do queixo de San Simón e outras variedades e poidemos degustar do rico manxar.
•Parada no exterior da Escola Habaneira de Santaballa para observar as reproducións  arqueolóxicas alí instaladas.

GALERÍA DE FOTOS

1 comentario:

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...