O Día Mundial do Medio Ambiente é a data máis importante no calendario oficial das Nacións Unidas
para fomentar a conciencia e a acción global a favor da protección do medio ambiente.
Desde 1974, este día converteuse nunha plataforma global de alcance público, amplamente celebrado en máis de 100 países.
O tema de 2018 é vencer á contaminación por plásticos.
A mensaxe deste Día Mundial do Medio Ambiente é simple:
“Rexeita o plástico descartable. Se non podes reusalo, rexéitao. Xuntos podemos trazar o camiño cara a un planeta máis limpo e verde.”
(António Guterres, Secretario Xeral da ONU).
O país anfitrión do Día Mundial do Medio
Ambiente, onde teñen lugar as celebracións oficiais, varía anualmente. Este ano
é India.
Curiosamente
Roel pasou pola India na súa viaxe arredor do mundo!!
Hoxe no cole celebramos este Día con vídeos, cancións e cunha explicación na que tamén estivo a nosa amiga Cora.
Somos coidadores do planeta!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.