Hoxe tivemos unha sorpresa,
Roel deixounos unha carta,
e visitarnos promete
o Día da Biblioteca.
Que día será ese?
Mirade cantas cousas nos conta...............
Gracias Roel!!
A
Fraga de Roel, 21 de outubro 2018
Benqueridos roeliños,
(chámovos así porque sodes coma os meus
filliños).
Como
ben sabedes, porque xa vin a moitos de vós por alí, o 1 de outubro a biblioteca
abriu para vós.
Teño intención de pasar polo voso cole este
mes, O Día da Biblioteca, para facervos unha visita e entregar as novas
mochilas viaxeiras de 1º,2º,3º e 4º cursos. As de 5º e 6º a ver se as teño
preparadas para xaneiro.
E alguna sorpresiña
máis que deixarei.
Xa
sabedes que as mochilas levan un caderno no que podedes escribir esas cousiñas
que me gustan tanto. Espero que leades moito e que vos gusten os libros,
revistas, xogos,.. que van nelas.
Este
curso o Proxecto do cole tratará sobre arte: pintura, escultura,…Que emoción
teño!!
Traballaremos
diferentes artistas: Van Gogh, Maruja Mallo, Kandinsky, Gaudí, Picasso, Miró,
Frida Khalo, Piet Mondrián, Miguel Ángel,…
O cole convertirase nun museo:
MUSEO DA FRAGA.
Na Biblio xa temos o primeiro cadro que nos
deixou Loreto cando marchou. Se ben o mirades, o voso nome escrito alí
atoparedes .
Como me
gusta!!
Ata
pronto, biquiñosssss
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.