OS LARPEIR@S DA FROITA DA FRAGA
Co obxectivo de fomentar as prácticas de alimentación saudable entre o noso alumnado, ó longo do trimestre fixemos entre outras actividades, este mural sobre as froitas do outono, para o que cada curso buscou e elaborou información sobre unha peza da tempada.
A MANDARINA
A CASTAÑA
A MAZÁ
O MANGO
O FIGO
O KAKI
E por fin antes de rematar o 1º trimestre puidemos desfrutar da 1º semana da froita do Plan Proxecta, durante a cal comemos moita froita e fixemos platos moi creativos...
Con plátano: delfíns, unha ovella, un gusano e un boneco de neve.
Con mazá: unha con verme, un pavo real e un coche.
E con kiwi fixemos estas árbores de Navidade.
E para dar por rematado o Festival de Nadal ata tomamos as uvas coas doce campanadas na Porta do Sol!!!!!!
E aí vos queda outro prato creativo para facer nestas datas!! A gozar das vacacións!!!