A CLASE DE TRES ANOS PARTICIPA NO PROXECTO DE EDUCACIÓN RESPONSABLE DA FUNDACIÓN BOTÍN.

Os nen@s da clase de tres anos, xunto coas profes participamos no Programa LEE (Lectura e emocións) que forma parte de Educación Responsable, programa educativo da Fundación Botín. Por isto durante o mes de novembro traballamos dous contos, NADARÍN e A GRAN PREGUNTA que corresponden ao módulo de Literatura Infantil.

Con Nadarín traballamos valores como a igualdade e a cooperación. Fixemos un fondo marino coa axuda das profes Rosa e Tania no que había anguías, langostas, un atún moi grande, anémonas, medusas, rocas, peixes vermellos e Nadarín, o peixe negro.

Gustounos tanto que ata fixemos unha representación teatral.



Pasámolo moi ben, Nadarín xa é o noso amigo e con él aprendimos un montón de cousas.

 Grazas Nadarín!!!!                                          














Outro conto que traballamos foi La gran pregunta, este conto fíxonos pensar e dibuxar. Despois da lectura a profe Rosa preguntábanos ESTOY AQUÍ PARA... e nun mural dibuxamos o que pensabamos mentras que a profe o escribía. Algunhas respostas eran moi graciosas. "Estoy aquí para...cuidar a mamá; para cuidar a Pepa, mi tortuga; para cuidar flores; para dibujar dinosaurios;...."·

Tamén fixemos outras dinámicas como A FÁBRICA DE BICOS ou como cando nos disfrazamos de súper-heroes como BUGA.


Canto traballamos!!!!


Pero isto xa volo contaremos outro día.
Moitos bicoss!!!!

1 comentario:

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...