Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Programa Educación Responsable.
No presente curso o CEIP Plurilingüe A Fraga foi seleccionado, xunto con outros 8 centros de Galicia, para levar a cabo a implantación dun programa de Educación Responsable. Este ano implántase por primeira vez de maneira experimental na nosa comunidade, grazas á colaboración interinstitucional da Fundación Botín, da Fundación Barrié e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O proxecto céntrase en favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, promovendo a comunicación e a mellora da convivencia nos centros escolares, e en fomentar a creatividade a partir do traballo con docentes, alumnos e familias.
Actualmente, somos 160 centros de toda España, e a avaliación realizada noutras comunidades autónomas que xa empezaron en anos anteriores, manifestan que houbo unha mellora das habilidades emocionais nos nenos, do clima da aula e dos resultados académicos.
Desde o noso centro queremos dar a coñecer algunhas das actividades que estamos a realizar e tamén poder informar doutras que desde a casa podedes realizar as familias. Por este motivo, neste pequeno recuncho iremos colgando as nosas pequenas experiencias para realizar de forma conxunta.
Esperamos que sexan un momento de diversión e aprendizaxe para compartir.
Un saúdo.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón &...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.