Os larpeir@s da Fraga prepáranse para unha nova semana da froita

Os larpeir@s da Fraga

prepáranse para unha nova semana da froita.


Durante esta "Semana do libro", cadrando co 23 de abril, expúxose o caderno elaborado polos diferentes cursos titulado "O país das froitas encantadas".

Nel nárrase a historia dunhas froitas e ademais contén receitas creativas, adiviñas, ditos, etc. que podedes ver nas mesas da entrada do colexio. 

 
 
 
 
 

E para conmemorar o Día da Terra (22 de abril), plantamos tres árbores froiteiras autóctonas.

 




 En primeiro lugar os profes Graña e Manolo,
fixeron os furados...









Despois chantamos unha pereira,










Finalmente, botaron abono e taparon, no que os alumnos e alumnas colaboraron activamente.



Esperemos que non tarden en darnos mazás, pereiras e cereixas ricas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...