Poñendo en marcha o invernadoiro!!!

Estamos poñendo en marcha o invernadoiro coa inestimable axuda e colaboración de tres papás do cole: Juan, papá de Xandre e Aroa, Toño, papá de Noa e Lois, papá de Artai.

Están facendo un traballo espectacular e para que vexades como están traballando ímosvos poñer unhas fotos e, de paso, poderedes ver como vai evolucionando no tempo.

Así nos comentan Juan, Toño e Lois este fin de semana:


Así estaba onte, sábado 9 de abril. Aproveitamos para mercar e organizar todo para empezar hoxe. 


A vaca Paloma de Laura e Pablo Vispalia deunos esterco.


Laura e Susana Sanmartín déronnos un tubo para facer unha arqueta para o rego.


Sachamos toda a terra. Non estaba moi branda.


Aproveitamos o esterco de Paloma.


E tamen o compós do cole. Pero non todo o que había. Algunhas cousas non tiñan que estar alí.


Despois de sachar e estercar empezamos a colocar o sistema de rego.


Estes foron os nosos compañeiros de viaxe. A ver si Lois nos di como se chaman todos.... 


Lois:
  1. Laya ( ferramenta orixinaria da zona de horta navarra)
  2. Sacha, legoña, legón,
  3. Galleta, forquita, ...
  4. Raño
  5. Ferramenta made un na casa composta por un pequeño raño e unha Sacha de punta
  6. Pala de xardineiro
  7. Pala



O próximo domingo máis!!!




.

1 comentario:

  1. What a wonderful project! Thank you to all volunteers including the cow!

    ResponderEliminar

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...