Os alumn@s de 5º
de Primaria visitaron o supermercado Eroski da localidade, a proposta da mesmo
e como actividade complementaria ao Plan Proxecta da froita.
En primeiro lugar
viñeron dar unha charla ao cole sobre:
-
Hábitos
de vida saudable.
-
A
experiencia de compra.
-
O
supermercado da localidade: persoal, traballo en equipo, seccións, tíckets,
parking, IVA, etc.
-
Diferenza
entre comer e nutrirse. Tipos de nutrientes (enerxéticos, constructores,
reguladores)
E posteriormente fomos
ó super onde visitamos as diferentes seccións:
Na froitería
fixáronse na orixe dos produtos, envasado, necesidade dos guantes, etc.
Na
panadería recordaron o seu proceso e viron as diferentes variedades.
Na
peixería explicáronnos como diferenzar o peixe azul do branco e a súa
frescura. Ademais ensináronnos como quitar a espiña a un peixe para que nos
resulte máis doado comelo!!
Na
carnicería mostráronnos os equipos de protección individual (EPI): botas, guante, mantelo, etc.
Na
sección de lácteos reflexionamos sobre a data de consumo preferente e a de
caducidade.
Na
perfumería incidíronlles na hixiene e a importancia de lavar as mans facendo
unha divertida dinámica.
E
finalmente mostrounos o contedor de aceites onde poderán desbotar os
residuos, e tamén firmaron un contrato oral como coidadores do planeta.
A continuación
servíronnos unha merenda a base de froitas, zume natural e iogures bebibles.
Despois
xogaron a adiviñar diferentes froitas e
verduras polo tacto, olfato, gusto, etc.
E finalmente, antes de regresar
ao colexio repartíronnos unha bolsa con froitas, galletas, zumes, etc.
What a nice field trip to the Market!! The 5th Graders seems to enjoy their time in Eroski. I recognized Eroski. That's where I used to buy my meat and seafood. It brings back old memories.
ResponderEliminar