Os larpeir@s da Fraga. 3ª semana

Os larpeir@s da Fraga desfrutaron outra semana máis de froita na hora do tentempé: plátano, amorodo, peladillo, mazá e melón.
Durante a mesma fixemos un montón de actividades, entre elas:
Os alumnos e alumnas de 1º fixeron batido de amorodo con dúas receitas diferentes.
 1º Cortaron os amorodos.

 2º Eliximos que receita facer primeiro: batido de azucre e iogur.
 

 3º Botaron o azucre enriba dos amorodos cortados.

 4º Botamos o iogur natural sen azucre.

 5º Batimos.

 6º E probamos!!!!

 Ummm, que rico!!!

 7º E tamén probamos a facer batido de amorodos con leite e unhas cucharadas de leite condensada. Tamén está boísimo!!!!
 
 
E por se vos animades a facer receitas creativas cos vosos nenos e nenas, deixovos dous enlaces a webs onde podedes atopar un montón delas.
 


Pero isto non foi o único... tamén están a elaborar un arco iris clasificando por cores as froitas e hortalizas. Esperamos rematalo pronto para ensinarvolo.

1 comentario:

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...