Pequenos lectores



Ola amigos!!!
          Xa logo comeza o mes de outubro e quero lembrarvos que daquela xa abre a biblioteca durante os recreos e tamén polas tardes.
          Hai algunhas novidades, como por exemplo que a biblioteca abrirá de luns a xoves. Os venres non estará aberta.
         Tamén vos direi que o curso pasado estropeáronse un pouco os sillóns do rincón de lectura. Agora xa están amañados pero hai que TRATALOS MOI BEN se non queremos quedar sen eles. Polo tanto, sentádevos ben, un en cada sillón e non xoguedes con eles.
        Espero vervos moi pronto por alí. Eu estarei vixiando para saber quen vai ler ou coller libros e tamén mirarei como vos portades.
        Como en anos anteriores, e sabendo que sempre o facedes moi ben, quero pedirvos que me axudedes. Este curso, como fixo Xosé Filgueira Valverde- autor ao que no 2015 se lle adican as Letras Galegas- pídovos que busquedes, coa colaboración da vosa familia, topónimos (nomes de lugar) curiosos ou que vos chamen a atención  e que me contedes curiosidades acerca deles (orixe do nome, cancións, lendas, imaxes do lugar...). Agardo impaciente...

E... Xa sabedes:

CANTO   MÁIS    LEDES,
MÁIS    IMAXINACIÓN    TEREDES
E   MÁIS    COUSAS   SABEREDES.



Moitos biquiños de

                                                               Roel      

GREETINGS AND BEST WISHES FOR THE NEW SCHOOL YEAR

Hello, everyone!!!

Here we are again!

 The first post is to show you these postcards from Chicago.




Thank you, Maria, for encouraging us to work and learn!

We love you too!!!



Hello, dear children! 

How are you?

Do you remember me?

I'm Osborne. I'm happy because ...

It's



And I like your blog!!!
Please, keep on working on it!!!















Deuses gregos.

Ola peques e pecas, xa sei que estades a traballar un montón nos vosos proxectos dos deuses e mitoloxía grega e por iso vos deixo estes enlaces para que vos sexa máis doado consultar información. Ánimo, pinchade nas imaxes e a disfrutar!!
Tamén podedes ver ese video do semáforo interactivo que busca reducir accidentes e que tanto vos gusta.












http://cuentos-infantiles.idoneos.com/index.php/Cuentos_mitol%C3%B3gicos/Los_dioses_griegos#La_naturaleza_de_los_dioses_griegos
https://sites.google.com/site/mitosgriegosparaninos/home

















http://hacedores.com/semaforo-interactivo-que-busca-reducir-accidentes/

Benvidos ao cole!

Ola a tod@s e benvidos a un novo curso!!!
Xa ando pola Fraga.
Feliz volta a tod@s e tamén feliz curso para os nenos e profes que marcharon. E para empezar con enerxía imos cantar este "Happy pontés".
Bicos, Roel






We are Happy from As Pontes de Garcia Rodriguez. #happyfromaspontes from Editaquetedita on Vimeo.

Exposición de fotos.

Ola a tod@s!
Como sabedes, o colexio cumpriu 25 anos, e temos unha exposición de fotos antigas que podedes visitar. Animádevos!!









24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...