24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA


                                                                     #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón


Cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas. 

"...a biblioteca escolar debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria." 
Bibliotecas Escolares de Galicia.























A NOSA BIBLIOTECA

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas
o 24 de outubro.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, 
como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa 
ofrecendo recursos, información e apoio. 
Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 


"A edición deste ano, baixo o lema 
'Bibliotecas, sempre ao teu carón' 
céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas
 ofrecendo acceso á cultura,
 ao coñecemento e 
ao entretemento 
en calquera lugar e circunstancia." 


Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos 
en circunstancias tan complexas.
 como as que estamos a vivir.


Este vídeo foi feito por tres alumnas de 6ºE.P. para presentar a nosa biblioteca:
 Aitana, Adriana e Amaia.
Parabéns, 
Excelente traballo.
Moitas gracias.





LEOPOLDO, EL PEQUEÑO MONSTRUO

 



Esta semana na clase de Relixión de 3ºEP traballamos este libro para aprender que todos somos únicos.
Fixemos tamén os nosos propios monstruos.
Mirade que chulada. 
Parabéns peques e pecas!!!



SORPRESA DE ROEL

 

Hoxe tivemos unha sorpresa.

Cando chegamos ao cole vimos 
 unha bolsa agasallo de Roel!!



                              
 
A PARTIR DO LUNS XA PODEMOS PASAR POLA BIBLIO NOS RECREOS, 
AQUÍ ESTÁ O CALENDARIO E HORARIO.

VÉMONOS NA BIBLIO

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...