A BOCA XIGANTE!!


Velaquí tedes a esta obra da arte
que fixeron os nen@s de Audición e Linguaxe
que con esforzo pintaron, recortaron e pegaron,
e con ilusión modelaron, barnizaron e compuxeron.
E cos carteis  nos informaron das partes
que ten a nosa boca xigante
E para dar unha boa dentellada
aquí vos colgo a vosa medalla!!

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!

Moitas grazas a tod@s os meus ALUMNOS
por pintar de cores cada día de cole.


Loreto

boca1
boca2

Hacemos divisiones

 image

 

    Aquí tes divisións para practicar. Cada vez que escribas un número   

    pulsa enter.

Multiplicamos

image

 

Clikando aquí (ou na imaxe) podes practicar as multiplicacións. De momento só sabes no nivel 1. En cuarto xa poderás ir a outro nivel. Na axuda aparécenche as táboas, así podes repasalas. Para facer outra multiplicación preme sobre Actividad.

Practicamos cálculo co naves espaciais

image

 

 

 

Dispara coas teclas B (se está ben a operación) ou M (se está mal) para destruir as naves. Move o boneco hacia a esquerda ou a dereita coas frechas do teclado. Empezamos

Repasamos a numeración

image

 

 

 

Se queres repasar os números de 4 e 5 cifras preme aquí ou na imaxe:

Actualización das Galerías Fotográficas

 

Vimos de engadir máis fotos nas galerías fotográficas, botádelles unha ollada!!!

  Carreira Escolar, marzo 2012

  Visita de Antón Cortizas, maio 2012

  Letras Galegas, maio 2012

(Lembra que tamén tes un enlace permanente no menú superior deste Blog)


.

Vídeo de 1º EP ao longo do curso

Este vídeo proxectámolo na 3ª reunión de familias, de 2 de maio.

Se queredes recordar algunhas das actividades que fixemos ao longo do curso botádelle unha ollada.







.

Fin de curso. 4º de Primaria.

foto cuarto001 

Chegamos  ao final do curso e so nos queda disfrutar das necesarias vacacións. Déixovos de recordo a foto deste curso.

Que pasedes un moi bo verán!

Os nenos e nenas de 3 anos debuxan "O León da Fraga"


Parece ser que hai un "León" na Fraga que visita de cando en vez aos nenos e nenas de 3 anos. Estes decidiron debuxalo para amosarllo a todo o mundo.

Aquí o tedes!!!





.

As árbores (conto de Judit Goti Hermida)


Judit escribiunos este conto para concienciarnos sobre a importancia de cuidar a natureza.

Grazas, Judit!!

(Pincha para ampliar)
As árbores


.

O lobo Garabullo

Cando Antón Cortizas veu visitarnos, animounos a crear un conto. Comezámolo todos xuntos e coa a súa axuda escribimos as primeiras palabras...

Co tempo Víctor rematouno e iste é o resultado, que nos gustou moito!!

 

 

 

.

Saída a Marcelle: 1º e 2º de Ed. Primaria

Hoxe o Colexio levounos a Marcelle, en parte para que o pasáramos moi ben e, por outro lado, para tratar de concienciarnos e sensibilizarnos cara á protección da fauna silvestre e á conservación da natureza, motivándonos a cuidar e conservar a biodiversidade.

Por certo, a ANPA Medoñas colaborou financiando esta saída: GRAZAS!!!

Sufrimos un pequeno incidente e perdemos algunhas fotos, especialmente da primeira parte, na que visitamos parte dos animais... lástima!!,  pero neste enlace podedes ver moitas outras:


E se queredes podedes deixarnos comentarios do que vos parecen!!

Marcelle


.

Ernesto no puede: cuento y actividades interactivas.

Aquí teneis un cuento infantil con actividades interactivas para practicar Lengua Castellana.image

 

  1. Escuchar el cuento dramatizado.
  2. Leer el cuento ilustrado
  3. Realizar las actividades interactivas y... PASADLO BIEN!!!

Saída a Bohal-Somozas (Infantil)

Hoxe os nenos do colexio A Fraga fomos de visita á granxa de Bohal nas Somozas. 
Ensináronnos como muxían as vacas cun moderno robot, tamén vimos como envasaban o leite e facían o queixo, pero o que máis nos gustou foi ver as vacas e aos becerros, aos que ademáis lles puxemos nome. Os nenos de cinco anos bautizaron a un co nome de Ricki, os de catro co nome de Estrela e os nenos de tres elixiron o nome de Lua.
Ao final do día déronnos  leite e requeixón con mel e azucre que estaba moi rico.














Pasámolo moi ben! 

O teatro da música

Busca  o osiño guitarrista e comeza a xogar.

Fraccións



  • Se queres practicar as fraccións, pincha aquí






.

Simplemente porque é noso.

 

Fermosa cantiga. Anímovos a falar en galego.

XOGANDO NA CLASE DE RELI

Imos xogar, colorear e moito máis.....pincha aquí imos xogar

Día do Medio Ambiente ( clase de 4 anos)




O  pasado martes 5 de Xuño foi o día mundial do Medio Ambiente, e os nenos da clase de 4 anos o celebramos traballando o auga. 
A profesora tróuxonos un conto "A gotiña Cristalina" que moi atentos todos escoitamos.

                                               


Despois falamos sobre a importancia de non malgastar nin contaminar o agua e que cousas poderíamos facer nos para evitar isto. ¡Todos dimos moitas ideas e prometemos cumprilas!

A mestra tíñanos preparado un mural sobre o aforro da agua, que comentamos entre todos e que  despois coloreamos. Moitas cousas das que falamos nos xa as facíamos ben.



Para rematar vimos alguns videos relacionados co medio ambiente e outros máis concretos relacionados co agua, cos que non so aprendimos, se non que rímonos moito. 



Foi un bo dia! 

Visita ao Museo de Belas Artes

IMG_0699
O día6 de marzo, os alumnos/as de 3º e de 4º de Primaria visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña. Alí visitamos varias salas con pinturas esculturas e obxectos de épocas moi diferentes e para terminar participamos  nun obradoiro de debuxo.

O tempo e o calendario

 

Aquí tedes unha actividade interactiva moi interesante para traballar o tempo e o calendario.

 

image

 

 

 

 

 

.

Xeometría 1º ciclo de EP: actividades de repaso


Esta aplicación está dirigida a los alumnos del 1º ciclo de primaria y consta de tres paquetes:

  • Líneas : recta, curva, ondulada, espiral, poligonal (abierta y cerrada).
  • Figuras: línea poligonal y polígono. Cuadrado, rectángulo, triángulo, pentágono, hexágono y círculo. Identificación de objetos con las formas estudiadas.
  • Cuerpos: prisma, cubo, cilindro, cono, esfera. Identificación de cuerpos con las formas estudiadas.
    A repasar un poquito la geometríaaa!!!

    Nota importante: se necesita tener instalado Java
    zonaClic - actividades - Actividades de geometría para primaria


    .
  • El despertar

     

    El despertar:  octavo movimiento del Carnaval de los animales de Saint Saëns.

     

    El despertar: octavo movimiento del Carnaval de los animales de Saint Saëns.

     

     

     

    .

    Problemas interactivos

    imageSe queres practicar cos problemas, proba nesta páxina:

     

    Problemas interactivos

    Compara números e cantidades

    image

    Se queres repasar a comparación de números e cantidades, proba esta páxina:

    Compara números e cantidades

     

     

     

     

     

     

    .

    Aprendemos as horas


    Estas actividades parécennos moi interesantes para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria.

     

    Se queres traballar e aprender as horas pincha aquí


    .

    Día Mundial do Medio Ambiente

    dia_del_medio_ambienteEste 5 de xuño cúmplense 40 anos da primera cumbre ambiental, a Conferencia de Estocolmo. Por iso celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, así establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e tamén aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
    O Día Mundial do Medio Ambiente é un xeito de sensibilizar en relación a temas ambientais, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
    O CEIP Plurilingüe A Fraga, uníuse o proxecto Axenda 21 Escolar de Galicia (A21EG) con ise mesmo obxectivo, o de sensibilizar, motivar e ensinar aos nosos nenos e nenas que podemos e debemos cuidar o noso entorno natural, o noso planeta. Por iso realizamos diversas actividades nas que participaron todos os cursos e áreas, como parte do noso Proxecto Educativo.
    Deixámosvos aquí uns vídeos simpáticos e especialmente interesantes para os máis pequenos, para animarvos a todos a Cuidar o Planeta!!!




    .

    Por un planeta limpo!

    Gústache a natureza? Pois tal como estamos facendo, vaise estragar. Se non queres que iso ocorra, temos que colaborar xuntos: reducindo o consumo, reutilizando materiais e separando para reciclar.

    Estes contedores, xa os coñeces, verdade?
                  clip_image002                       clip_image002[6]
       Papel e cartón                       Plástico, latas e briks                      xenérico                      vidro  

    Pero ademais, hai outros:
        clip_image002[9]            clip_image002[11]                   clip_image002[13]            
               aceite doméstico                      pilas                               roupa e calzado
          
    E…sabes onde se poden levar estas cousas? 
    clip_image002[15]       clip_image001[4]       clip_image002[17]       

       AO PUNTO LIMPO

    O MEDIO AMBIENTE TAMÉN É NOSO



            Para a AXENDA 21, o alumnado de Quinto e Sexto de primaria elaboramos un mural con debuxos e frases que teñen que ver co coidado do noso medio ambiente.

    Por exemplo: usar as bicicletas é bo para o planeta Terra, hai que reutilizar e reciclar todo o posible, reducir a contaminación . . .

    Aprendemos tamén a usar os diferentes colectores para separar o lixo.



    Os Euros na clase de Matemáticas de 1º de EP

    Estes días estivemos traballando cos Euros, concretamente, cos céntimos de Euro.

    Fixemos un mercadiño na clase onde cada un partía cunha pequena cantidade de euros (en moedas de plástico) e vendían pequenos debuxos. Deste modo tiñan que aprender a facer as transaccións aprendendo a contar as cantidades, a dar o cambio, etc…
    Ao principio foi un pouco barulleiro o mercadiño, pero despois empezou a “profesionalizarse” e ata saíron casos de estafa e de “enriquecemento ilícito”!!!

    Despois dun par de días de traballo, agora imos facer posta en común e rematar a aprendizaxe con actividades sobre o papel e de debate. Xa vos contaremos!!!

    1º Día de Mercadiño
    2º Día de Mercadiño

    .

    Revista Escolar A Fraga 2011-12

    Xornal do CEIP Plurilingüe "A Fraga", número 15, ano 2012

    Actuación de 1º EP no Festival das Letras galegas 2012

    Aquí tedes a actuación de 1º de EP. Tamén tedes a actuación xeral de todos os nenos e nenas do cole (Ver)

    Actuación dos nenos e nenas de 1º EP na Celebración das Letras Galegas de 2012 - CEIP A Fraga



    Máis información: http://ceipafraga.blogspot.com.es/

    .