Mostrando entradas con la etiqueta Festa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa. Mostrar todas las entradas

Entroido 2015

20150213_125853

 

Vimos de celebrar o Entroido!!!

 

Que ben o pasamos!!! Que risas, todos disfrazados, gastando bromas, cantando e bailando!!!

 

Por certo, íamos disfrazados do Proxecto @, grazas ao cal e á ANPA temos novos equipos informáticos no cole!!

 

Se queredes ver fotos, visitade esta Galería Entroido 2015  +  Un pequeno vídeo

 

 

.

Día da Paz 2015

20150130_125936Hoxe celebramos o Día da Paz, con varias actividades moi divertidas: xogos de educación emocional e educación responsable, o chocolate con churros, actuacións, cantamos, a obra de teatro “O país dos mandóns”… pasámolo de marabilla!!!

 

Podedes ver fotos nesta Galería Día da Paz 2015

 

 

 

.

Magosto–Samaín–Halloween 2014

 

IMG_3103


Coma sempre celebramos o Magosto, o Samaín e o Halloween, cun feixe de actividades !!!

Maribel e Rebeca fixeron nas aulas postres típicos e temáticos de Halloween, mentras que no patio íanse asando as catañas…

Despois comemos todos xuntos as castañas e os doces… Hummm, que rico estaba todo!!!


E finalmente, saímos fóra a xogar con e pasalo moi ben, con equipos mesturados de nenos e nenas de todas as idades, dende infantil aos maiores de primaria… carreiras de sacos, chapas, o porco comecastañas. etc… Que risas!!!

Se queredes ver fotos visitade estas galerías:

E fixemos máis cousiñas  que outro día contaremos…


.

Os de 1º EP celebramos o Día da Paz!!

Hoxe celebramos o Día da Paz con diversas actividades no colexio: tomamos chocolate con churros todos xuntos, cantamos e bailamos… o pasamos pipa!!

Tamén debuxamos “apertas agarimosas” de paz!!

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo!!

 

Día da Paz - Peace Day

 

.

Noraboa Campionas!!!

DSC_0016-SMILE

O equipo feminino do cole da Fraga ven de gañar esta fin de semana o VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente, no que participaban 8 equipos masculinos e 6 equipos femininos, de nais, pais, mestras e mestres.

Na final feminina as nosas campionas gañáronlle ao equipo da Barosa nos penaltis, despois dun partido moi emocionante que finalizou con empate a cero.

 

Temos algunhas fotos que podedes ver nesta galería:

VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente de Nais-Pais-Mestras-Mestres

 

 

.

Entroido 2013, que risaaa!!!




Que risaaa!!

Disfrazámonos, xogamos, cantamos, asímos polas rúas, gastamos bromas...!!  Que risas!!






Entroutras cousas  "visitounos"  Candela, unha nova alumna do cole, e quixo coñecer a todos os nenos e nenas indo polas aulas...

Que traste!!! Non había quen poidera con ela!!!



Tamén chupámonos os dedos coas orellas e filloas que coas que nos agasallou a ANPA...

Ñam, Ñam, que ricas!!



Para que vos fagades unha idea deixámosvos
fotos e vídeos nesta galería:

ENTROIDO 2013





Celebramos o Día da Paz 2013

Este mércores 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz.

Adornamos os corredores con murais sobre A PAZ e traballos que elaboramos toda a semana nas aulas. Algúns vídeos e xogos educativos están colgados neste blog, animádevos e botádelle unha ollada!

E sabedes que? A ANPA invitounos a comer un chocolate con churros!!!

Estaba delicioso aínda que para algúns non tanto, pero probárono igualmente e decidiron se repetir máis. Ao rematar de comer o chocolate, como bos protectores do medio ambiente que somos, axudamos a recoller cada cousiña no seu lugar, os vasos de plástico no contenedor amarelo, os papeis no azul e o orgánico no verde... aínda que os que máis recolleron foron os papás e mamás da ANPA.

Logo fomos ao pavillón municipal. Os nenos de 6º de EP leron un manifesto pola Paz e a continuación comezamos a xogar todos. Dividíronnos en grupos de maneira que os maiores axudaban aos máis pequenos e así, coa colaboración de todos, pasámolo en grande cos xogos populares.  Ata se animaron papás, mamás, avós e avoas a xogar con nós!!

Os nenos de 5 anos tiveron moita sorte porque ao día seguinte viñeron a visitalos antigos compañeiros que hoxe estudan Secundaria no IES Castro da Uz, e contáronlles historias preciosas relacionadas coa Paz. Queremos darlles as grazas a todos eles e á profesora de galego que os axudou.



.

Últimas galerías fotográficas

imageBotádelle unha ollada ás fotos das últimas actividades realizadas.
Xa sabedes que case sempre sacamos fotos das cousas que facemos e que podedes velas no apartado de Galerías Fotográficas que podedes atopar no menú e noutras ubicacións do noso Blog.
De todos modos un breve listado dalgunhas delas, por se se vos escapou algunha delas:



.

Actualización das Galerías Fotográficas

 

Vimos de engadir máis fotos nas galerías fotográficas, botádelles unha ollada!!!

  Carreira Escolar, marzo 2012

  Visita de Antón Cortizas, maio 2012

  Letras Galegas, maio 2012

(Lembra que tamén tes un enlace permanente no menú superior deste Blog)


.

Actuación de 1º EP no Festival das Letras galegas 2012

Aquí tedes a actuación de 1º de EP. Tamén tedes a actuación xeral de todos os nenos e nenas do cole (Ver)

Actuación dos nenos e nenas de 1º EP na Celebración das Letras Galegas de 2012 - CEIP A Fraga



Máis información: http://ceipafraga.blogspot.com.es/

.

Celebracións das Letras Galegas 2012

Ola a todos!!

Aquí tedes unha pequena presentación con algunhas fotos das actuacións dos nenos e nenas do Cole no Festival das Letras Galegas de 2012, adicado nesta ocasión a Valentín Paz Andrade.

Esperamos que vos guste!!

PD: Grazas a Ana Lema polo seu traballo, tempo e esforzo, preparando esta presentación.

 



24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...