Este mércores 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz.
Adornamos os corredores con murais sobre A PAZ e traballos que elaboramos toda a semana nas aulas. Algúns vídeos e xogos educativos están colgados neste blog, animádevos e botádelle unha ollada!
E sabedes que? A ANPA invitounos a comer un chocolate con churros!!!
Estaba delicioso aínda que para algúns non tanto, pero probárono igualmente e decidiron se repetir máis. Ao rematar de comer o chocolate, como bos protectores do medio ambiente que somos, axudamos a recoller cada cousiña no seu lugar, os vasos de plástico no contenedor amarelo, os papeis no azul e o orgánico no verde... aínda que os que máis recolleron foron os papás e mamás da ANPA.
Logo fomos ao pavillón municipal. Os nenos de 6º de EP leron un manifesto pola Paz e a continuación comezamos a xogar todos. Dividíronnos en grupos de maneira que os maiores axudaban aos máis pequenos e así, coa colaboración de todos, pasámolo en grande cos xogos populares. Ata se animaron papás, mamás, avós e avoas a xogar con nós!!
Os nenos de 5 anos tiveron moita sorte porque ao día seguinte viñeron a visitalos antigos compañeiros que hoxe estudan Secundaria no IES Castro da Uz, e contáronlles historias preciosas relacionadas coa Paz. Queremos darlles as grazas a todos eles e á profesora de galego que os axudou.
.