Mostrando entradas con la etiqueta Outros 1º EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Outros 1º EP. Mostrar todas las entradas

Fotos da saída de fin de curso (1º EP)

DSC_0582Que ben o pasamos hoxe!!!

 

Fixemos unha camiñata pola zona de Doniños, cun  día de sol estupendo e poidemos pasalo xenial: camiñamos, merendamos a media mañá, xogamos un anaquiño, voltamos camiñar, xantamos e despois poidemos xogar todos xuntos un montón e polo medio fomos todos tomarnos un xeado:  que rico estaba!!!

 

Deixamosvos unhas fotos para que vexades un chisquiño do ben que o pasamos!!!

 

Nesta galería saímos sobre todo os de 1º de Primaria, pero enseguida poñeremos fotos dos demais cursos!!!

 

Galería fotográfica!!!

 

 

 

.

Os peixes, por Idaira Caaveiro de 1º de EP.

 

" Os peixes ", por Idaira Caaveiro, de 1º EP.
 
 
Idaira falounos dos peixes. Foi superinteresante, ata nos trouxo a clase a Blacky e Nemo, os seus peixes… que traballo tan interesante!!

Fantástico, Idaira, a ver se outro día volven Blacky e Nemo!!!








.

A primavera, por Aroa Domínguez de 1º EP

 

" A primavera ", por Aroa Domínguez, de 1º EP.
 
 
Aroa quixo informarnos das características da estación que ven de comezar. Que cousas tan interesantes… un gran traballo!!

Xenial, Aroa, un tema moi oportuno e interesante!!!








.

“Os tiburóns”, por Mateo García de 1º de EP

 

" Os tiburóns ", por Mateo García, de 1º EP.
 
 
Mateo falounos dos tiburóns… contounos cousas moi interesantes, como que son anteriores aos dinosauros… un traballo impresionante!!

Estupendo, Mateo, outro día fálasnos doutros animais!!!








.

As Plantas, por Raquel Fontao de 1º EP

 

" As plantas ", por Raquel Fontao, de 1º EP.
 
 
 
 
Hai uns días, Raquel expuso un traballo moi interesante sobre as plantas… foi estupendo!!

Moi ben, Raquel, cando queiras nos contas máis cousas outro día!!!








.

“Os cans pastores”, por Noa Giz de 1º de EP.



"Os cans pastores", por Noa Giz, de 1º EP.
Noa contounos moitísimas cousas dos cans pastores: razas, como axudan ás persoas a coidar do gando… foi moi interesante!!

Xenial, Noa, esperamos que nos contes máis cousas outro día!!!








.

Os xerbos Chip e Chop, por Jandro Ledo, de 1º EP.

 

"Os xerbos Chip e Chop", por Jandro Ledo, 1º de Ed. Primaria.
 
 
Jandro trouxonos a Chip e Chop, un par de xerbos, co contounos que son, como viven, de que se alimentan e moitas cousas máis… Que interesante!!!
 
Despois Jandro sacou a Chip e puidemos tocalo e xogar un chisquiño con el… foi unha chulada!!
 
 
 
 
Gracias Jandro, a ver se Chip e Chop veñen visitarnos outro día!!
 


 

.

Momentos no Entroido de 1º EP

 

"Momentos do Entroido", en 1º de Ed. Primaria.
 
 
Iste ano a conta dos Mandadiños demos as clases disfrazados… que risas!!!
 
Un pequeno vídeo mentrás líamos un texto do libro… mirade canto melloramos na lectura!!!
 
E que guapetones e guapetonas estabamos!!!
 


 





.

Os dinosauros, por Alejandro Leal de 1º EP

 

"Os dinosauros", por Alejandro Leal, de 1º EP.
 
 
Hoxe Alejandro falounos deses extraordinarios seres prehistóricos que se extinguiron hai millóns de anos!!! ...Foi moi interesante!!

Estupenda exposición, Alejandro, outro día cóntasnos máis!!!








.

A neve, por Mateo Núñez de 1º de Primaria

 

"A neve", por Mateo Nuñez, de 1º EP.
 
 
Qué interesante o traballo de Mateo, falounos da neve e do esquí, das estacións, do equipamente e amosounos fotos súas esquiando!!! ...Que divertido!!

Estupendo traballo, Mateo, a ver se neva un destes días no cole!!!








.

As pirámides de Exipto, por Alex Romero de 1º de Primaria

 

"As pirámides de Exipto", por Alex Romero, de 1º EP.
 
 
Hoxe Alex falounos das misteriosas Pirámides de Exipto, dos faraóns, das portas secretas que teñen e de moitas outras curiosidades!!! ...Estivo xenial!!

Bo traballo, Alex, outro día fálasnos doutros misterios!!!








.

“O elefante”, por Candela Pellón de 1º de Primaria.

 

"O elefante", por Candela Pellón, de 1º EP.
 
 
Candela contounos moitas cousas interesantes dos elefantes, que os hai asiáticos e africanos ou que teñen primos como o manatí… foi moi interesante!!

Estupendo, Candela, gustaríanos que nos contases máis cousas outro día!!!








.

Os de 1º EP celebramos o Día da Paz!!

Hoxe celebramos o Día da Paz con diversas actividades no colexio: tomamos chocolate con churros todos xuntos, cantamos e bailamos… o pasamos pipa!!

Tamén debuxamos “apertas agarimosas” de paz!!

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo!!

 

Día da Paz - Peace Day

 

.

O noso Diario Viaxeiro

PortadaPor se non o sabíades, temos un diario viaxeiro, que levamos cada día ás nosas casas dentro da nosa mascota, “Susito”.

Susito é un osiño de trapo cun peto nas costas e nel metemos o noso diario viaxeiro, lápises de cores, gomas de borrar… e cada un de nós o leva cada día para casa e xogamos con Susito, e debuxamos algo no diario. De momento só debuxábamos porque a escribir aínda estamos empezando, pero agora que rematamos este primeiro diario, intentaremos co segundo escribir moitas cousas ademais de debuxar.

Deixámosvos esta pequena publicación do noso primeiro “Diario Viaxeiro de 1º EP curso 2013-14.

Esperamos que vos guste!!!

.

O outono, por Paola Acevedo de 1º de EP

Paola, fíxonos unha exposición sobre as características do outono e,

especialmente, das follas que podemos ver.

Deixámosvos estas fotos tan interesante das súas explicacións!!

Instantánea 1 (15-01-2014 21-54)Instantánea 2 (15-01-2014 21-55)

Instantánea 3 (15-01-2014 21-55)Instantánea 4 (15-01-2014 21-56)

 

Noraboa, Paola, estupendo traballo!!!

 

.

Semana da Prensa (1º Ciclo EP)

Os nenos e nenas do 1º Ciclo de Primario estivemos falando e decidimos facer un periódico mural de ciclo para traballar a prensa esta semana.
Fixemos equipos mixtos, nenos e nenas de 1º e 2º mesturados, e despois de falar da prensa, do que eran os títulos e titulares, as entrevistas e os artigos, e de moias cousas máis como a maquetación do periódico ou dos equipos de redacción, empezamos a percorrer o colexio en busca de novas para o periódico...
Casi todos decidimos facer entrevistas a profes e algún artigo... tamén chegamos ao acordo de chamarlle "Eco da Fraga" e que iste sexa o primeiro número, que de vez en cando fagamos outro porque o pasamos moi  ben traballando xuntos os de 1º e 2º!!!
Aquí deixámosvos unas fotos deste primeiro número do "ECO DA FRAGA!
IMG_1647

Vídeo de 1º EP ao longo do curso

Este vídeo proxectámolo na 3ª reunión de familias, de 2 de maio.

Se queredes recordar algunhas das actividades que fixemos ao longo do curso botádelle unha ollada.







.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...