Mostrando entradas con la etiqueta Escola de Familias A Fraga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escola de Familias A Fraga. Mostrar todas las entradas

Escola de Familias: Os accidentes domésticos máis comúns. Febre e vómitos.


O vindeiro martes, 14 de febreiro, ás 17, 30 horas, celebraremos unha nova sesión da nosa Escola de Familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre "Os accidentes domésticos máis comúns, febre e vómitos," coa finalidade de facilitar unhas pautas básicas de actuación en caso de accidentes no fogar e outras situacións habituais como febre ou vómitos

Como sempre, teredes ocasión de comentar, preguntar, aclarar calquera dúbida, curiosidade ou preocupación con María Varela Manso, médico da Área Sanitaria de Ferrol e pediatra no centro de saúde da nosa vila.

Por suposto, está aberta a todo o mundo, tanto ás familias do noso centro como a persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan á nosa comunidade educativa.

Esperamos que vos guste!!!

Escola de Familias: "Como ensinar a comer"


O vindeiro martes, 17 de xaneiro, ás 17, 30 horas, celebraremos unha nova sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre "como ensinar a comer", coa finalidade de orientar ás familias sobre a posta en práctica dunha alimentación axeitada e saudable.

Terá o formato de tertulia interactiva onde teredes ocasión de comentar, preguntar, aclarar calquera dúbida, curiosidade ou preocupación con Ana Isabel Fernández Escuredo, Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e, ademais, nutricionista.

Por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

Recordatorio 3ª sesión Escola de Familias

Querémosvos lembrar que este xoves, 28 de abril, as 16:30 celebraremos a 3ª sesión da Escola de Familias co tema:

Familias lectoras,
 nenas e nenos que len.

A cargo de Javier F. Rouco Ferreiro: mestre de Educación Infantil e profesor asociado na facultade de Educación da Universidade da Coruña.

Esta charla é de portas abertas para todas as persoas interesadas no tema, sexan ou non do noso centro.

Esperamos que vos guste!

3ª Sesión Escola de Familias A Fraga




O vindeiro xoves, 28 de abril, ás 16, 30 horas, celebraremos a terceira sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión faremos un pequeno percorrido polo que significa ler e escribir hoxendía e como dende as familias se pode apoiar á infancia nesta tarefa esencial. Achegarémonos ás competencias para ser unha persoa lectora no Século XXI.

Deixámosvos a nota informativa desta sesión e invitámosvos a todas e todos a asistir e participar.

E, por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

Recordatorio 2ª sesión Escola de Familias


Querémosvos lembrar que mañá, martes 1 de marzo, ás 16, 30 horas, celebraremos a segunda sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre as "rabietas, caprichos e berrinches", que son, e a súa relación co establecemento de normas e as consecuencias a aplicar.

Deixámosvos a nota informativa desta sesión e invitámosvos a todas e todos a asistir e participar.

E, por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

Escola de Familias: "Rabietas, caprichos e berrinches..."



O vindeiro martes, 1 de marzo, ás 16, 30 horas, celebraremos a segunda sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre as "rabietas, caprichos e berrinches", que son e a súa relación co establecemento de normas e as consecuencias a aplicar.

Deixámosvos a nota informativa desta sesión e invitámosvos a todas e todos a asistir e participar.

E, por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...