
O vindeiro xoves, 28 de abril, ás 16, 30 horas, celebraremos a terceira sesión da nosa escola de familias.
Nesta ocasión faremos un pequeno percorrido polo que significa ler e escribir hoxendía e como dende as familias se pode apoiar á infancia nesta tarefa esencial. Achegarémonos ás competencias para ser unha persoa lectora no Século XXI.
Deixámosvos a nota informativa desta sesión e invitámosvos a todas e todos a asistir e participar.
E, por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.
Esperamos que vos guste!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.