HOXE QUEREMOS ADICAR ESTE VÍDEO E UN FORTE APLAUSO A TODO O ALUMNADO E ÁS FAMILIAS QUE SEGUEN A TRABALLAR DENDE AS SÚAS CASAS, OU FÓRA. CON AGARIMO DE TODAS AS PERSOAS QUE TRABALLAMOS NO CEIP PLURILINGÜE A FRAGA. ÁNIMO!!!
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
TODO VAI SAÍR BEN!!!
HOXE QUEREMOS ADICAR ESTE VÍDEO E UN FORTE APLAUSO A TODO O ALUMNADO E ÁS FAMILIAS QUE SEGUEN A TRABALLAR DENDE AS SÚAS CASAS, OU FÓRA. CON AGARIMO DE TODAS AS PERSOAS QUE TRABALLAMOS NO CEIP PLURILINGÜE A FRAGA. ÁNIMO!!!
MAGIC HAPPENS!!!
The first was Maria.
Then, Santa followed her.
The Three Kings came after him.
Now, Becca is here!
Magic does happen.
Thanks for visiting us, Becca!
We love you!
“Lion City”, por 3º de E. Primaria
"Lion City", por 3º de Ed. Primaria.
Por certo, tiñamos un feixe de nomes para poñerlle, pero ao final decidimos chamala a cidade do León da Fraga, Lion City, porque nós somos os leonciños da Fraga!!!
Pincha para acceder á Galería de Fotos
.
Día de Rosalía de Castro 2013
O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizará, como xa fixo en anos anteriores, un completo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía. Entre outros a AELG propón aos centros do ensino a inclusión de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgaremos desde o noso espazo web para darlles visibilidade social.
Na SEGUNDA LECTURA COLECTIVA de Cantares Gallegos, participan 37 centros educativos de toda Galicia e de todas as etapas, con alumnado de todas as idades.
O noso centro participa lendo "Ora, meu meniño, ora", lido por 2º de Educación Primaria.
Mirade que bonito saíu!!! Noraboa mociñas e mociños!!!
Para ampliar información podedes visitar a web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
.
Día Internacional da Lingua Materna 2013
O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna 2013.
No noso cole imos ver a película de animación "O bosque animado" en galego, película gañadora de 2 Goyas na
XVI edición de los Premios Goya e, incluso, chegou a estar preseleccionada para competir polo Oscar á Mellor película de animación.
Que ben o imos pasaaaar!!
.
Merry Christmas from Chicago!!!
Merry Christmas from Maria Inlong
Merry Christmas from Maria Inlong
María Inlong e o seu sobriño Finn
deséxannos Bo Nadal e Feliz Ano Novo!!
Grazas e para vós outro tanto de todos e todas!!!
BO NADAL!!!
.
Greetings from Chicago!!!
María Inlong mándanos saúdos dende Chicago a través dos seus pequenos amigos Finn, Amelia e Mauve.
María we miss you !!!
.
Últimas galerías fotográficas
Xa sabedes que case sempre sacamos fotos das cousas que facemos e que podedes velas no apartado de Galerías Fotográficas que podedes atopar no menú e noutras ubicacións do noso Blog.
De todos modos un breve listado dalgunhas delas, por se se vos escapou algunha delas:
.
THE DOG AND THE CAT
Click on " seguir lendo" and you will find a surprise!
Then click on the picture and you will see a short play about a dog an a cat.
Enjoy it!
Actualización das Galerías Fotográficas
Vimos de engadir máis fotos nas galerías fotográficas, botádelles unha ollada!!!
Carreira Escolar, marzo 2012 | |
Visita de Antón Cortizas, maio 2012 | |
Letras Galegas, maio 2012 |
(Lembra que tamén tes un enlace permanente no menú superior deste Blog)
.
O lobo Garabullo
Cando Antón Cortizas veu visitarnos, animounos a crear un conto. Comezámolo todos xuntos e coa a súa axuda escribimos as primeiras palabras...
Co tempo Víctor rematouno e iste é o resultado, que nos gustou moito!!
.
Proxecto Lingüístico de Centro: Plurilingüismo
Como consecuencia dos obxectivos planificados ao longo dos últimos anos, neste curso 2011-12 comeza a facerse realidade o noso Proxecto Plurilingüe no 1º nivel de Ed. Primaria e que se irá completando ata rematar en toda a etapa. Tamén temos a Sección Bilingüe na área de plástica no 3º ciclo de E. Primaria.
A modo de resume, os obxectivos do noso Proxecto Lingüístico son:
OBXECTIVOS XERAIS
- Fomentar o uso da lingua galega en todas as actividades do centro coa participación de todos os membros da comunidade educativa.
- Potenciar a presenza no ensino da realidade, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, arte e folclore galegos.
- Reforzar a dimensión comunicativa da lingua inglesa.
- Valorar a lingua inglesa como instrumento de transmisión e construción de coñecementos.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Implicar a todos os integrantes do centro no proceso de dinamización.
- Conseguir actitudes positivas de cara ás linguas galega, inglesa e castelán.
- Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
- Utilizar a lingua galega en todos os comunicados do centro.
- Empregar as linguas galega, castelá e inglesa nos rótulos do centro.
- Fomentar o uso da lingua galega nas relacións cos alumnos, pais e profesores na medida do posible.
- Potenciar o galego e o inglés no ensino.
- Programar e desenvolver na clase de inglés actividades relacionadas con outras áreas do currículo.
- Desenvolver actividades nas materias relacionadas coa cultura, historia, xeografía, etnografía, literatura, folclore etc.
No noso centro impártense en galego as seguintes áreas segundo é preceptivo:
- En educación infantil: Impártese o 50% en galego.
- En educación primaria: Lingua galega, Coñecemento do medio.
- Ademais destas áreas, tamén se imparten en galego: Música, Relixión católica, Ensino globalizado en educación infantil, Estimulación da linguaxe oral en infantil.
- Impártense en inglés a Lingua Inglesa e a Plástica no 3º ciclo de Ed. Primaria.
Desde o curso 2011-2012 formamos parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia.
A nosa finalidade é mellorar a competencia comunicativa do noso alumnado en lingua inglesa e fomentar a pluralidade lingüística e cultural no noso centro, para facilitar a integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.
Comezamos este ano impartindo no 1ºcurso de Ed. Primaria a Plástica en inglés para rematar, no curso 214-2015, a impartición da materia de Plástica de toda a etapa.
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...