Proxecto Lingüístico de Centro: Plurilingüismo


Como consecuencia dos obxectivos planificados ao longo dos últimos anos, neste curso 2011-12 comeza a facerse realidade o noso Proxecto Plurilingüe no 1º nivel de Ed. Primaria e que se irá completando ata rematar en toda a etapa. Tamén temos a Sección Bilingüe na área de plástica no 3º ciclo de E. Primaria.

A modo de resume, os obxectivos do noso Proxecto Lingüístico son:

OBXECTIVOS XERAIS

  • Fomentar o uso da lingua galega en todas as actividades do centro coa participación de todos os membros da comunidade educativa. 
  • Potenciar a presenza no ensino da realidade, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, arte e folclore galegos. 
  • Reforzar a dimensión comunicativa da lingua inglesa. 
  • Valorar a lingua inglesa como instrumento de transmisión e construción de coñecementos. 


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 

  • Implicar a todos os integrantes do centro no proceso de dinamización.
  • Conseguir actitudes positivas de cara ás linguas galega, inglesa e castelán. 
  • Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa. 
  • Utilizar a lingua galega en todos os comunicados do centro. 
  • Empregar as linguas galega, castelá e inglesa nos rótulos do centro. 
  • Fomentar o uso da lingua galega nas relacións cos alumnos, pais e profesores na medida do posible. 
  • Potenciar o galego e o inglés no ensino. 
  • Programar e desenvolver na clase de inglés actividades relacionadas con outras áreas do currículo.
  • Desenvolver actividades nas materias relacionadas coa cultura, historia, xeografía, etnografía, literatura, folclore etc. 


No noso centro impártense en galego as seguintes áreas segundo é preceptivo:

  • En educación infantil: Impártese o 50% en galego.
  • En educación primaria: Lingua galega, Coñecemento do medio. 
  • Ademais destas áreas, tamén se imparten en galego: Música, Relixión católica, Ensino globalizado en educación infantil, Estimulación da linguaxe oral en infantil.
  • Impártense en inglés a Lingua Inglesa e a Plástica no 3º ciclo de Ed. Primaria. 

Desde o curso 2011-2012 formamos parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia.

A nosa finalidade é mellorar a competencia comunicativa do noso alumnado en lingua inglesa e fomentar a pluralidade lingüística e cultural no noso centro, para facilitar a integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.

Comezamos este ano impartindo no 1ºcurso de Ed. Primaria a Plástica en inglés para rematar, no curso 214-2015, a impartición da materia de Plástica de toda a etapa.





24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...