24 de outubro Día da Biblioteca

Mañá, 24 de outubro,
 celebraremos no cole o

 Día da Biblioteca

con algo moi especial.

Se queredes saber por que se celebra este día 
lede a seguinte información.


Dende 1997 cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 no conflicto balcánico.


A iniciativa nace para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro entre lectores de tódalas idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.


Cada ano encárgase a un escritor@ e a un ilustrador@ a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre tódalas bibliotecas de España.
Este ano o pregón é obra do escritor Gonzalo Moure e o cartel foi realizado polo ilustrador Alfonso Zapico.


Óbidos cidade literaria,onde unha igrexa é unha gran librería e un hotel unha gran biblioteca. PINCHA AQUÍ.

Feliz Día da Biblioteca peques e pecas e Felices Lecturas!!!













Carta de Roel!!

Hoxe tivemos unha sorpresa,
 Roel deixounos unha carta,
e visitarnos promete
 o Día da Biblioteca.

Que día será ese?

Mirade cantas cousas nos conta...............


Gracias Roel!!


A Fraga de Roel, 21 de outubro 2018


Benqueridos roeliños,

 (chámovos así porque sodes coma os meus filliños).

Como ben sabedes, porque xa vin a moitos de vós por alí, o 1 de outubro a biblioteca abriu para vós.

Teño intención de pasar polo voso cole este mes, O Día da Biblioteca, para facervos unha visita e entregar as novas mochilas viaxeiras de 1º,2º,3º e 4º cursos. As de 5º e 6º a ver se as teño preparadas para xaneiro.


E alguna sorpresiña máis que deixarei.

Xa sabedes que as mochilas levan un caderno no que podedes escribir esas cousiñas que me gustan tanto. Espero que leades moito e que vos gusten os libros, revistas, xogos,.. que van nelas.

Este curso o Proxecto do cole tratará sobre arte: pintura, escultura,…Que emoción teño!!

Traballaremos diferentes artistas: Van Gogh, Maruja Mallo, Kandinsky, Gaudí, Picasso, Miró, Frida Khalo, Piet Mondrián, Miguel Ángel,…

huella2 copia



O cole convertirase nun museo:

MUSEO DA FRAGA.
huella2 copia

Na Biblio xa temos o primeiro cadro que nos deixou Loreto cando marchou. Se ben o mirades, o voso nome escrito alí atoparedes .



Como me gusta!!

Ata pronto, biquiñosssss