Carta de Roel!!

Hoxe tivemos unha sorpresa,
 Roel deixounos unha carta,
e visitarnos promete
 o Día da Biblioteca.

Que día será ese?

Mirade cantas cousas nos conta...............


Gracias Roel!!


A Fraga de Roel, 21 de outubro 2018


Benqueridos roeliños,

 (chámovos así porque sodes coma os meus filliños).

Como ben sabedes, porque xa vin a moitos de vós por alí, o 1 de outubro a biblioteca abriu para vós.

Teño intención de pasar polo voso cole este mes, O Día da Biblioteca, para facervos unha visita e entregar as novas mochilas viaxeiras de 1º,2º,3º e 4º cursos. As de 5º e 6º a ver se as teño preparadas para xaneiro.


E alguna sorpresiña máis que deixarei.

Xa sabedes que as mochilas levan un caderno no que podedes escribir esas cousiñas que me gustan tanto. Espero que leades moito e que vos gusten os libros, revistas, xogos,.. que van nelas.

Este curso o Proxecto do cole tratará sobre arte: pintura, escultura,…Que emoción teño!!

Traballaremos diferentes artistas: Van Gogh, Maruja Mallo, Kandinsky, Gaudí, Picasso, Miró, Frida Khalo, Piet Mondrián, Miguel Ángel,…

huella2 copia



O cole convertirase nun museo:

MUSEO DA FRAGA.
huella2 copia

Na Biblio xa temos o primeiro cadro que nos deixou Loreto cando marchou. Se ben o mirades, o voso nome escrito alí atoparedes .



Como me gusta!!

Ata pronto, biquiñosssss




No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...