Día escolar da paz e a non violencia


O luns 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, tomamos chocolate, biscoito, cantamos, bailamos... pasámolo xenial. Gracias a todos pola vosa colaboración. Podedes ver aquí as fotos da chocolatada e o vídeos.
Galería de fotos


Dende o noso cole queremos unirnos á campaña solidaria a favor do pobo de Siria.
Por iso o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria fixemos esta coreografía. Quixemos que a nosa roupa se identificara coas cores da súa bandeira. Esperamos que lles axude e de forza.









O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria bailamos coa canción de Madre Tierra de Chayanne. Que ben o pasamos!!

E os nenos e nenas de infantil cantamos e bailamos as "Vocales de la Paz"




Visita á Casa do Mel - por Aitane e Arianne, 2º EP.


Aitana e Arianne acaban de facernos a exposición dun traballo espectacular, acerca da súa visita á Casa do Mel.. Impresionante!!!


Contáronnos un montón de cousas das abellas e do mel e, por riba, trouxéronnos a proba!!!

Que rico estaba o mel, hummmm!!!


Grazas, Aitana e Arianne!!!




" Visita á Casa do Mel ", por Aitana e Arianne, de 2º EP. 











































.

O Club Muralla de Lugo visita o noso centro





O pasado mércores tivemos unha visita dos membros do Club Muralla de Lugo.
Viñeron ao noso cole para explicarnos algunhas cousas sobre o seu deporte favorito, o Rugby.



Moitas grazas pola visita. Encántanos este deporte.

WANGARI MAATHAI, a "Muller árbol" Premio Nobel da Paz 2004.

Ola peques e pecas acércase a celebración do Día da Paz, e na clase de reli coñeceremos a 

Wangari Maathai

a "Muller Árbol".

Muller keniana que ante a situación de deforestación do seu país comenzou plantando árbores no patio da súa casa, iniciando así o 

Movemento  Cinturón Verde

chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en África. Sendo as mulleres pobres de África as encargadas.

A Wangari, coñecida como a Muller Árbol, concedéronlle o Premio Nobel da Paz no ano 2004. Sendo a primeira muller africana galardonada con este premio.



Video sobre Wangari.


Canción:




Cuento y actividades


Video precioso no que Wangari anímanos  a esforzarnos e buscar sempre solucións, nunca pechar os ollos ante as dificultades.

Para saber más pincha aquí.

Escola de Familias: "Como ensinar a comer"


O vindeiro martes, 17 de xaneiro, ás 17, 30 horas, celebraremos unha nova sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre "como ensinar a comer", coa finalidade de orientar ás familias sobre a posta en práctica dunha alimentación axeitada e saudable.

Terá o formato de tertulia interactiva onde teredes ocasión de comentar, preguntar, aclarar calquera dúbida, curiosidade ou preocupación con Ana Isabel Fernández Escuredo, Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e, ademais, nutricionista.

Por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

Ya vienen los Reyes Magos

 
                   

Peques e pecas,
           despedimos as festas navideñas cunha tradición moi arraigada na nosa cultura, A NOITE DE REIS. A súa orixe atópase no Evanxeo de San Mateo, onde se di que uns magos de Oriente guiados por unha estrela chegan a Belén para adorar a Xesús.
           Noite esperada por nenos e maiores, noite de ilusión e maxia.
           FELIZ NOITE DE REIS!!!