Mostrando entradas con la etiqueta Act. Extraescolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Act. Extraescolares. Mostrar todas las entradas

O recuncho de Roel.

Como xa sabedes estamos a traballar o proxecto 

A volta ao cole en 175 días

e Roel,
 que anda moi viaxeiro, segue por Londres.


Recordades o vídeo que nos mandou? (Pincha aquí para velo).

Vaia sorpresa que levamos  pola mañá cando chegamos.

Montou o seu recuncho na entrada do colexio

que bonito!! 
Ademais deixounos cousiñas, un estoxo, o seu buzón, unha maleta, un Big Ben,.....
Moitas grazas Roel, cal será a túa próxima viaxe?
























































Tamén nos deixou libros para                                                              coñecer moitos países.


Roel trouxo unha sorpresa.....MOCHILAS VIAXEIRAS

Pero que sorpresa tivemos!
Roel veunos visitar e trouxo tres 

MOCHILAS VIAXEIRAS

cheas de libros, xogos e música
para @s alumn@s de primeiro e segundo de EP.

Ademáis hai un caderno onde se pode escribir ou debuxar cousiñas.

Son para desfrutar en familia e pódense ter durante unha semana.

Grazas Roelllll!!!!

E como ti dis


+ lectura e - televisión para coller o tren da imaxinación.




Día escolar da paz e a non violencia


O luns 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, tomamos chocolate, biscoito, cantamos, bailamos... pasámolo xenial. Gracias a todos pola vosa colaboración. Podedes ver aquí as fotos da chocolatada e o vídeos.
Galería de fotos


Dende o noso cole queremos unirnos á campaña solidaria a favor do pobo de Siria.
Por iso o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria fixemos esta coreografía. Quixemos que a nosa roupa se identificara coas cores da súa bandeira. Esperamos que lles axude e de forza.









O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria bailamos coa canción de Madre Tierra de Chayanne. Que ben o pasamos!!

E os nenos e nenas de infantil cantamos e bailamos as "Vocales de la Paz"




FOMOS AO LICEO, A LER A MANUEL MARÍA

Coma cada ano, para celebrar o día das Letras Galegas, nenas e nenos do colexio foron ao Liceo a ler un fragmento da obra do autor homenaxeado neste ano, Manuel María.
Iago, Lucas, Nerea e Alex leron cadanseu poema do autor, poemas todos eles  sobre árbores autóctonas. Fixerono xenial!!!!

Ademais de escoitar a nenos e nenas de outros colexios, había unha banda de gaitas e o grupo poético Alalá.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016

MANUEL MARÍA
No 2016 as letras galegas adicanse ao escritor Manuel María Fernández Teixeiro. 

Defensor da nosa lingua e da nosa cultura, escribiu multitude de libros en tódolos xéneros pero especialmente poesía. En lembranza da súa infancia escribiu un fermoso libro:



Ademais moitos dos seus poemas foron musicados, aquí vos deixamos a mostra. Disfrutade del.



8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




O Día Internacional da Muller, antes coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, celebrase cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.


Que libros mais chulos temos no cole para traballar esta temática!!!!

FROITAS MISTERIOSAS

ESTES DÍAS APROVEITAMOS PARA PROBAR   FROITAS TROPICAIS!!!!


ESTAS VERDES SON FEIXOAS...





















E ESTAS QUE ESTÁN VESTIDAS CUN TRAXE ELEGANTE E ESCONDEN O SEU CORAZÓN LARANXA SON OS ALQUENQUEXES.



AMBOLOS DOUS ESTABAN BOÍSIMOS....




Benvidos ao cole!

Ola a tod@s e benvidos a un novo curso!!!
Xa ando pola Fraga.
Feliz volta a tod@s e tamén feliz curso para os nenos e profes que marcharon. E para empezar con enerxía imos cantar este "Happy pontés".
Bicos, Roel






We are Happy from As Pontes de Garcia Rodriguez. #happyfromaspontes from Editaquetedita on Vimeo.

LEMOS NO LICEO

O sábado 17 de maio dentro das actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, tres alumnas do noso cole participaron, xunto con outros colexios de As Pontes, na lectura pública de textos en galego no Liceo. Noraboa a Paula de 2ºE.P. e a Cristina e Alba de 6ºE.P. Pasámolo moi ben e animádevos todos a participar o próximo curso.
Aquí vos deixo algunhas fotos.






FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Ola a tod@s,
 canta diversión tivemos o xoves no festival das Letras Galegas. Celebramos a festa da nosa lingua e homenaxeamos a Xosé María Díaz Castro. Rock, rap, o baile da carrasquiña, o baile do pirata, teatro, recitamos a Antón Cortizas, bailamos, cantamos, ......A ABUELA MANUELA, que risas!!!
Parabéns a tod@s!
Aquí vos deixo algunhas fotos, pero estade moi atentos ao facebook do cole onde aparecerán moitas máis.






VISITA Á CAPELA DO 1º CICLO DE E.P.





O mércores os nenos de 1º ciclo foron visitar o museo etnográfico da Capela. Cantas cousiñas antigas!!!!


 


 


Bailando peóns


Ademáis, aproveitamola viaxe para compartir una boa parte da mañá, cos alumnos do CEIP Mosteiro de Caaveiro. Foron os nosos Mestres por un día, ensinaronnos un montón de xogos tradicionais...


Que ven o pasamos!!!
Todos xuntos

Compartindo xogos

DOCE CON NOCES!!!!!

Desta volta os cociñeiros larpeiros, superáronse...
Os lambociños e lambociñas de 2ºEP matinaron en facer un doce, eso sí, engadíronlle un produto moi saudable propio da data: noces.



Xa están listos, seguindo unha receita, para cociñar na casa!
                                             
                                  Familias, preparádevos.



ROBERTO VIDAL BOLAÑO. AUTOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013.

Ola peques e pecas !!!!!
Xa se acerca o Día das Letras Galegas e sei que estades a preparar un festival moi bonito. Sodes moi traballadores. Sabedes quen é o autor homenaxeado este ano? Roberto Vidal Bolaño. Actor, autor e director teatral. Unha grande figura do teatro galego contemporáneo.
Para coñecelo un pouquiño aquí tedes diferentes actividades e xogos.
Animádevos merece a pena !!!!!








Se pinchas na imaxe coñecerás un pouco a Roberto Vidal Bolaño.
 
 
Se pinchas na imaxe podes facer moitas actividades e xogos sobre Roberto Vidal Bolaño para E.I.
 

 
 
Se pinchas na imaxe podes facer xogos, actividades, puzzles,...apropiados para o 1º ciclo de E.P.
 
 
 
Se pinchas na imaxe atoparás actividades axeitadas ao 2º ciclo de E.P.
 


 

 
Actividades e xogos para o 3º ciclo de E.P.







23 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

No cole xa estamos inmersos na celebración do DÍA DO LIBRO. Estanse a organizar diferentes actividades de animación á lectura, como unha exposición de libros super chula,..... Ler é unha aventura, lévanos a mundos marabillosos, fainos soñar e vivir, fainos medrar e é un auténtico placer. O mes de abril é o mes dos libros.
Por que se celebra o 23 de abril en todo o mundo o día internacional do libro?
Porque un 23 de abril de 1616 morrían dous grandes escritores , Cervantes e Shakespeare. Por iso esta data foi escollida pola Conferencia Xeral da Unesco para homenaxear o libro, os seus autores e para animar aos máis xóvenes a descubrir o placer da lectura. Algo curioso é que a idea orixinal desta celebración nace en Cataluña da man do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, en Cataluña este día coincide con San Xurxo ( San Jorge, Sant Jordi) e a tradición di que se debe regalar unha rosa e un libro.

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS XOGOS E ACTIVIDADES, ÁNIMO MERECE A PENA:

 Se pinchas na imaxe podes ver unha aventura de don Quixote e facer moitos xogos  como colorear, parellas, seguir os puntos, rescatar a Dulcinea, sopa de letras,....


´
 

Se pinchas na imaxe poderás facer moitos puzzles, personaxes, parellas,......
 
Recorda que podes inventar un conto con Pancho, pincha na imaxe e deixa voar a imaxinación escollendo escenarios, poñendo título ao teu libro, escollendo personaxes e incluso escribindo a historia.
 
 
 


24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...