Estamos poñendo en marcha o invernadoiro coa inestimable axuda e colaboración de tres papás do cole: Juan, papá de Xandre e Aroa, Toño, papá de Noa e Lois, papá de Artai.
Están facendo un traballo espectacular e para que vexades como están traballando ímosvos poñer unhas fotos e, de paso, poderedes ver como vai evolucionando no tempo.
Así nos comentan Juan, Toño e Lois este fin de semana:
Así estaba onte, sábado 9 de abril. Aproveitamos para mercar e organizar todo para empezar hoxe.
A vaca Paloma de Laura e Pablo Vispalia deunos esterco.
Laura e Susana Sanmartín déronnos un tubo para facer unha arqueta para o rego.
Sachamos toda a terra. Non estaba moi branda.
Aproveitamos o esterco de Paloma.
E tamen o compós do cole. Pero non todo o que había. Algunhas cousas non tiñan que estar alí.
Despois de sachar e estercar empezamos a colocar o sistema de rego.
Estes foron os nosos compañeiros de viaxe. A ver si Lois nos di como se chaman todos....
Lois:
- Laya ( ferramenta orixinaria da zona de horta navarra)
- Sacha, legoña, legón,
- Galleta, forquita, ...
- Raño
- Ferramenta made un na casa composta por un pequeño raño e unha Sacha de punta
- Pala de xardineiro
- Pala
O próximo domingo máis!!!
.