Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas

NADAL SOLIDARIO 2012!!!


Queridas familias :
image
Dende o colexio A Fraga pedimos a vosa colaboración para que nestas festas ningunha familia do noso pobo quede sen produtos de Nadal (turróns, mazapáns, polvoróns ou outros que vós consideredes axeitados). Podemos colaborar todos deixándoos nunha caixa que colocaremos na entrada do noso cole. Os alimentos recollidos serán enviados para o Banco de Alimentos do Concello.
Tamén podemos colaborar con xoguetes que teñamos na casa en bo estado. Serán recollidos e enviados a Cáritas. Ningún neno sen xoguetes en Nadal!.
A recollida realizarase durante a semana do 10 ao 18 de decembro.


Moitas grazas pola vosa colaboración.
Claustro e ANPA
Ampliar folleto                 

.

Xa acadamos 20.000 visitas!!!

 

A puntiño de facer 6 meses que estrenamos este blog, xa acadamos 20.000 visitas!!!   E iso que nas vacacións baixa o número de publicacións e de visitas.

Captura(Click para ampliar)

Gracias a todos e todas por seguirnos, as vosas visitas anímannos a seguir publicando e compartir con todos  o día a día do cole e dos nosos nenos e nenas.

GRACIAAAAAS!!

 




.

Guía do curso 2012-13

imageCada curso comezamos con ilusións renovadas e co pensamento posto nas persoas ás que vai destinado o noso servizo de ensinanza, aos profesionais que prestan o servizo e aos alumnos e alumnas que son os destinatarios e para os cales existe esta institución de ensinanza.
Os que formamos parte do equipo directivo do centro temos a responsabilidade de implantar, continuar e mellorar proxectos e programas, compartindo a nosa ilusión e esperanzas con toda a comunidade educativa.
É moi difícil satisfacer as expectativas de todos, pero en cada período tratamos de recoller as inquedanzas máis significativas, a maioría dos pensamentos e intereses que aquí conflúen.
A suma de esforzos, a participación activa de todos e as gañas de ser cada día máis e mellores deberán presidir a nosa actividade diaria.
Ese é o noso desexo para este curso.
O EQUIPO DIRECTIVO.

 

Descargar a Guía en PDF

O Bosón de Higgs en tres minutos!!

Estes días estamos oindo falar por todas partes do Bosón de Higgs, tamén chamado a Partícula de Deus, pero non resulta moi doado entender de qué estamos a falar.

Proba con este vídeo!!