Mostrando entradas con la etiqueta ANPA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANPA. Mostrar todas las entradas

Magosto–Samaín–Halloween 2014

 

IMG_3103


Coma sempre celebramos o Magosto, o Samaín e o Halloween, cun feixe de actividades !!!

Maribel e Rebeca fixeron nas aulas postres típicos e temáticos de Halloween, mentras que no patio íanse asando as catañas…

Despois comemos todos xuntos as castañas e os doces… Hummm, que rico estaba todo!!!


E finalmente, saímos fóra a xogar con e pasalo moi ben, con equipos mesturados de nenos e nenas de todas as idades, dende infantil aos maiores de primaria… carreiras de sacos, chapas, o porco comecastañas. etc… Que risas!!!

Se queredes ver fotos visitade estas galerías:

E fixemos máis cousiñas  que outro día contaremos…


.

DOCE CON NOCES!!!!!

Desta volta os cociñeiros larpeiros, superáronse...
Os lambociños e lambociñas de 2ºEP matinaron en facer un doce, eso sí, engadíronlle un produto moi saudable propio da data: noces.



Xa están listos, seguindo unha receita, para cociñar na casa!
                                             
                                  Familias, preparádevos.



BANCO DE LIBROS

Estimadas familias:

Dende a ANPA preténdese poñer en marcha unha campaña de préstamo de libros de texto entre o alumnado (excepto Infantil e 1º ciclo de Primaria) para o curso académico 2013/14.

Os obxectivos da campaña serán:

· Poder facer fronte ao importante gasto que supón para as familias o inicio do curso académico, intercambiando libros doados por todos nós.

· Contribuír ao respecto medioambiental reciclando libros de texto que se atopan en perfecto estado e acabarán no lixo.

· Buscar o beneficio global da campaña. Nuns cursos conseguiranse máis libros e noutros menos, pero o importante é que o préstamo chegue ao maior número de alumnado.

 

Criterios da campaña de préstamos de libros de texto

1. MOI IMPORTANTE :As familias que estean dispostas a doar deixarán os libros de texto na aula do neno/a o día 20 de Xuño.

2. No caso de que as doazóns non cubran todas as solicitudes de préstamos, os libros asignaranse ás familias de maneira equitativa, que se levará a cabo polo persoal colaborador da ANPA.

3. Infantil e 1º ciclo de Primaria non entrarían na campaña, polo propio uso e desgaste que teñen os libros nestes cursos.

4. O persoal colaborador da ANPA valorará o bo estado dos libros, pero serán as familias receptoras as que se encargarán da supervisión final (forrado, eliminar nomes, escritos...)

5. As familias comprométense a devolver os libros en bo estado ao finalizar o curso académico.

6. No caso de existir máis doazóns que préstamos, os libros serán cedidos ben ao propio colexio, a entidades sociais ou outros colexios que lle dean continuidade á campaña de préstamo de libros

7. Para atender calquera imprevisto ou situación, o persoal colaborador da ANPA acordará por unanimidade adoptar a mellor solución.

8. O préstamos asignado a cada familia comunicarase por sms desde o colexio.

Noraboa Campionas!!!

DSC_0016-SMILE

O equipo feminino do cole da Fraga ven de gañar esta fin de semana o VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente, no que participaban 8 equipos masculinos e 6 equipos femininos, de nais, pais, mestras e mestres.

Na final feminina as nosas campionas gañáronlle ao equipo da Barosa nos penaltis, despois dun partido moi emocionante que finalizou con empate a cero.

 

Temos algunhas fotos que podedes ver nesta galería:

VIII Maratón de Fútbol Sala 2013 Abrente de Nais-Pais-Mestras-Mestres

 

 

.

Entroido 2013, que risaaa!!!




Que risaaa!!

Disfrazámonos, xogamos, cantamos, asímos polas rúas, gastamos bromas...!!  Que risas!!






Entroutras cousas  "visitounos"  Candela, unha nova alumna do cole, e quixo coñecer a todos os nenos e nenas indo polas aulas...

Que traste!!! Non había quen poidera con ela!!!



Tamén chupámonos os dedos coas orellas e filloas que coas que nos agasallou a ANPA...

Ñam, Ñam, que ricas!!



Para que vos fagades unha idea deixámosvos
fotos e vídeos nesta galería:

ENTROIDO 2013





Celebramos o Día da Paz 2013

Este mércores 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz.

Adornamos os corredores con murais sobre A PAZ e traballos que elaboramos toda a semana nas aulas. Algúns vídeos e xogos educativos están colgados neste blog, animádevos e botádelle unha ollada!

E sabedes que? A ANPA invitounos a comer un chocolate con churros!!!

Estaba delicioso aínda que para algúns non tanto, pero probárono igualmente e decidiron se repetir máis. Ao rematar de comer o chocolate, como bos protectores do medio ambiente que somos, axudamos a recoller cada cousiña no seu lugar, os vasos de plástico no contenedor amarelo, os papeis no azul e o orgánico no verde... aínda que os que máis recolleron foron os papás e mamás da ANPA.

Logo fomos ao pavillón municipal. Os nenos de 6º de EP leron un manifesto pola Paz e a continuación comezamos a xogar todos. Dividíronnos en grupos de maneira que os maiores axudaban aos máis pequenos e así, coa colaboración de todos, pasámolo en grande cos xogos populares.  Ata se animaron papás, mamás, avós e avoas a xogar con nós!!

Os nenos de 5 anos tiveron moita sorte porque ao día seguinte viñeron a visitalos antigos compañeiros que hoxe estudan Secundaria no IES Castro da Uz, e contáronlles historias preciosas relacionadas coa Paz. Queremos darlles as grazas a todos eles e á profesora de galego que os axudou.



.

NADAL SOLIDARIO 2012!!!


Queridas familias :
image
Dende o colexio A Fraga pedimos a vosa colaboración para que nestas festas ningunha familia do noso pobo quede sen produtos de Nadal (turróns, mazapáns, polvoróns ou outros que vós consideredes axeitados). Podemos colaborar todos deixándoos nunha caixa que colocaremos na entrada do noso cole. Os alimentos recollidos serán enviados para o Banco de Alimentos do Concello.
Tamén podemos colaborar con xoguetes que teñamos na casa en bo estado. Serán recollidos e enviados a Cáritas. Ningún neno sen xoguetes en Nadal!.
A recollida realizarase durante a semana do 10 ao 18 de decembro.


Moitas grazas pola vosa colaboración.
Claustro e ANPA
Ampliar folleto                 

.

Saída a Marcelle: 1º e 2º de Ed. Primaria

Hoxe o Colexio levounos a Marcelle, en parte para que o pasáramos moi ben e, por outro lado, para tratar de concienciarnos e sensibilizarnos cara á protección da fauna silvestre e á conservación da natureza, motivándonos a cuidar e conservar a biodiversidade.

Por certo, a ANPA Medoñas colaborou financiando esta saída: GRAZAS!!!

Sufrimos un pequeno incidente e perdemos algunhas fotos, especialmente da primeira parte, na que visitamos parte dos animais... lástima!!,  pero neste enlace podedes ver moitas outras:


E se queredes podedes deixarnos comentarios do que vos parecen!!

Marcelle


.

ANPA MEDOÑAS


Que é a A.N.P.A. e que facemos

A  A.N.P.A. Medoñas é unha Asociación de Nais e Pais sen ánimo de lucro cuxo obxectivo xeral é facer posible que os nen@s pertencentes a CEIP a Fraga realicen actividades distintas das académicas co fin de complementar a súa formación como cidadáns. Ao mesmo tempo pretende contribuír ao coñecemento, divulgación e trasmisión das costumes e cultura galegas.
A súa directiva está formada por nais e pais de alumn@s do centro que adican o seu tempo e esforzo de xeito desinteresado para lograr este obxectivo. Dentro das distintas actividades que vén desenvolvendo a A.N.P.A. podemos destacar:


Taller de plástica
No presente curso uníronse as actividades de manualidades e pintura. As clases son levadas a cabo por Carmen Bellas, licenciada en Belas Artes e cunha longa experiencia como monitora. Nas clases trabállanse diferentes técnicas dependendo da idade dos rapaces e ao remate do curso escolar exponse unha mostra dos traballos realizados no "Mercado Vello". Esta exposición está aberta a todo o público que desexe admirar a creatividade dos nosos pequen@s artistas.


Obradoiro de Teatro
Este obradoiro conta cunha traxectoria de 7 cursos no noso colexio, cuns excelentes resultados. Está dirixido por Montserrat Piñón, diplomada en Educación Infantil, monitora de teatro na escola de Teatro de Narón e integrante do grupo teatral "PINCOPE". Neste ano, debido á súa maternidade, o curso está sendo capitaneado polo seu compañeiro Pepablo. A actividade ten lugar os martes de 17 a 18 horas.


Obradoiro inglés de conversa
Esta actividade é unha novidade neste curso e está sendo impartida por Sara Ramos, licenciada en Filoloxía Inglesa. As clases impártense no colexio os martes e os xoves a diferentes horas dependendo da idade de os nen@s.


Festas e celebracións populares
A ANPA participa na celebración das festas do Magosto, Nadal, Entroido e Fin de Curso, aportando as bebidas e lambetadas propias de cada data como castañas, orellas, etc. Tamén convida ao chocolate con churros  o Día da Paz grazas ao traballo altruísta de Carmen Mota, nai dun dos nosos alumnos.
Na Festa de Fin de Curso motiva a todo os alunm@s do pobo a disfrutar de diferentes obradoiros e xogos populares para despedir todos xuntos o curso.
Por último, contribúe nalgunha das festas sufragando os gastos da actuación de teatro.


Agasallos e subvencións
Esta asociación dende hai tempo subvenciona parte das excursións dos seus soci@s durante o ano escolar e obsequia con numerosos agasallos aos nen@s do colexio, tanto de maneira individual como colectiva.


Almorzos
Desde o curso 2010-2011 a A.N.P.A. encárgase de organizar o programa “Almorzos no Cole” co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.


Actividades deportivas
A A.N.P.A. intenta promover e estimular a práctica do deporte como actividade física, mental,  lúdica e preventiva entre os nosos nenos a través da participación en ligas, torneos, carreiras, maratóns e calquera outro evento deportivo que se celebre  na localidade.
A directiva da ANPA participa no desenvolvemento e organización de actividades tan populares na nosa vila como son a liga escolar de fútbol sala, os distintos maratóns de fútbol sala de ABRENTE, o Torneo Anual de Xadrez, a Carreira de San Xosé e a Carreira Campo a Través.
Queremos aproveitar estas liñas para agradecer a todas aquelas persoas que dun ou outro xeito contribuíron co seu tempo, esforzo, ganas e ideas a ir consolidando un modelo de asociación que cremos fundamental no funcionamento do Colexio. Co seu apoio reiterado os nosos fillos puideron gozar dunha educación máis alá da meramente académica e aínda que todos esteamos acostumados a que estas actividades formen parte, ano tras ano, do quefacer diario de nosos pequenos, requiren unha mínima organización e tamén a comprensión e apoio de todos os integrantes da nosa asociación.



24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...