Celebramos o Día da Paz 2013

Este mércores 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz.

Adornamos os corredores con murais sobre A PAZ e traballos que elaboramos toda a semana nas aulas. Algúns vídeos e xogos educativos están colgados neste blog, animádevos e botádelle unha ollada!

E sabedes que? A ANPA invitounos a comer un chocolate con churros!!!

Estaba delicioso aínda que para algúns non tanto, pero probárono igualmente e decidiron se repetir máis. Ao rematar de comer o chocolate, como bos protectores do medio ambiente que somos, axudamos a recoller cada cousiña no seu lugar, os vasos de plástico no contenedor amarelo, os papeis no azul e o orgánico no verde... aínda que os que máis recolleron foron os papás e mamás da ANPA.

Logo fomos ao pavillón municipal. Os nenos de 6º de EP leron un manifesto pola Paz e a continuación comezamos a xogar todos. Dividíronnos en grupos de maneira que os maiores axudaban aos máis pequenos e así, coa colaboración de todos, pasámolo en grande cos xogos populares.  Ata se animaron papás, mamás, avós e avoas a xogar con nós!!

Os nenos de 5 anos tiveron moita sorte porque ao día seguinte viñeron a visitalos antigos compañeiros que hoxe estudan Secundaria no IES Castro da Uz, e contáronlles historias preciosas relacionadas coa Paz. Queremos darlles as grazas a todos eles e á profesora de galego que os axudou.



.

1 comentario:

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...