14 DE FEBREIRO DÍA DA AMIZADE E DO AMOR.





 Ola peques,
        o 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín;
pero si queredes saber un pouco da súa historia seguide lendo.....

        San Valentín era un sacerdote que aló polo século III exercía en Roma. Gobernaba o emperador Claudio II, quen decidiu prohibir a celebración de matrimonios porque na súa opinión os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras, non tiñan que pensar nin nas súas mulleres nin nos seus fillos.

        O sacerdote Valentín considerou que o decreto era inxusto e celebraba en segredo matrimonios para xóvenes enamorados ( de ahí que se popularizou que San Valentín sexa o patrón dos enamorados).
 O emperador Claudio enterouse e chamouno a palacio. Deu orde de que o encarcelasen e finalmente foi executado un 14 de febreiro do ano 270. Esta é a razón de que se celebre o día de San Valentín un 14 de febreiro!!!!!!!

O MELLOR REGALO  UN ABRAZO!!!

PARA TODOS VÓS
   
       UN ABRAZOTE .............CHEO DE CARIÑO!!!!!

Recordade que un amigo é un tesouro.

1 comentario:

  1. Happy Valentine's Day, A Fraga School! The greatest thing of all is LOVE.

    ResponderEliminar

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...