Día de Rosalía de Castro 2013

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.  Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.

Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizará, como xa fixo en anos anteriores, un completo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía. Entre outros a AELG propón aos centros do ensino a inclusión de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgaremos desde o noso espazo web para darlles visibilidade social.

Na SEGUNDA LECTURA COLECTIVA de Cantares Gallegos, participan 37 centros educativos de toda Galicia e de todas as etapas, con alumnado de todas as idades.

O noso centro participa lendo "Ora, meu meniño, ora", lido por 2º de Educación Primaria.

Mirade que bonito saíu!!!   Noraboa mociñas e mociños!!!

 

Ora, meu meniño, ora. Recitado polos nenos e nenas de 2º de E. Primaria 2012-13

 

 

Para ampliar información podedes visitar a web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

 

 

.

2 comentarios:

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...