O alumnado de 6º EP le a Rosalía en inglés.

O alumnado de 6ºEP, coa axuda dos seus profes Jude e Maribel, traducen e len uns versos do poema "Has de cantar" en inglés para celebrar o Día de Rosalía.

Un traballo excelente.
 Parabéns.
Aquí tedes o vídeo.



8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En 1910 decídese declarar o 8 de marzo como 

Día Internacional da Muller.

Arredor desas datas Nueva York foi escenario de folgas polémicas para aqueles tempos.

Mulleres que reclamaban a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos morreron queimadas nunha fábrica debido as súas peticións.

Neste Día trátase de reflexionar sobre os avances logrados na igualdade home -muller, e celébrase a valentía e determinación de mulleres que foron abrindo camiño.
A ONU propón unha serie de obxectivos a conseguir no 2030. Pincha na imaxe para poder lelos.







No cole para tratar este tema temos unha exposición de 

contos pola igualdade

que son traballados nas clases :

Arturo y Clementina.

El monstruo.

Rojo,Azul,Amarillo.

O país dos mandóns.

Maruxa.

Iriña bailarina.

Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?

Amelia Earhart.
............



NO CONTROLES NI QUE TE CONTROLEN
TODOS CONTRA A VIOLENCIA

Os icebergs, por David e Juan



David e Juan, veñen de facernos a exposición dun gran traballo sobre os icebergs!!


Interesantísimo traballo, tanto polo que nos contaron dos icebergs, como polos experimentos e as actividades que nos tiñan preparadas!!!



Pasámolo pipa, tratanto de averiguar que ía pasar cos vosos experimentos, adiviñar as preguntas, vendo os vosos materiais... Fantástico!! 


Moitas grazas, David e Juan, aprendimos un montón e pasámolo fenomenal!!!

Esperamos que pronto nos presentedes outro traballo!!!




" Os icebergs ", por David Prieto Pena e Juan Filgueiras Pérez, de 2º EP. 











































.

Os guepardos, por Xandre Domínguez



Xandre ven de presentarnos un extraordinario traballo sobre os guepardos!!


Que animais tan interesantes e, ao mesmo tempo, tan descoñecidos, porque só nos acordamos dos leóns e dos tigres... Sabíades que son os máis rápidos correndo??



Que traballo tan interesante!! 


Moitas grazas, Xandre, aprendimos un montón... Esperamos o teu próximo traballo!!!




" Os guepardos ", por Xandre Domínguez Rodríguez, de 2º EP. 











































.