Mostrando entradas con la etiqueta Axenda 21. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axenda 21. Mostrar todas las entradas

5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola peques e pecas!
O 5 de Xuño foi proclamado polas Nacións Unidas como Día Mundial do Medio Ambiente no ano 1972. Faise coa finalidade de que entendamos a importancia de protexer e conservar todo o que nos rodea e que nos foi dado de forma gratuita. A nosa obriga é conservalo.
  Italia é o país anfitrión este ano co eslogan " Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación."
 Tod@s podemos coidar o Medio Ambiente dende a nosa casa, dende a escola,.....tod@s podemos aportar.


PEQUENOS CONSELLOS































































CANTAMOS  CON PLIM PLIM E CON DOKI















XOGAMOS












CORTOMETRAXE SOBRE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS

22 ABRIL DÍA DA TERRA.

"A palabra "nai" recórdanos a persoa que nos trouxo ao mundo, que nos axudou a convertirnos en quenes somos agora. 

A TERRA é a nosa nai: un planeta que sustenta a vida. Os seres humanos co tempo deixamos de depender do coidado materno constante, pero nunca deixamos de depender da nosa NAI TERRA.

Durante toda a vida necesitamos aire, auga, terra fértil, .......
Polo tanto non poñamos en perigo tantos sistemas que levan funcionando en harmonía dende fai milenios.
Cada vez somos máis conscientes dos estragos que causa a nosa especie humana: contaminación, escasez de recursos, extinción de especies de flora e fauna,....

As nosas decisións sobre o planeta teñen consecuencias para as xeracións futuras. Sabendo todo isto podemos cambiar a nosa forma de actuar."ONU

Os nen@s da clase de 5 anos estiveron traballando este tema e fixeron un traballo ben chulo chegando a moitas conclusións. Aquí están as imaxes.





















































PINCHA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

Como ser auténtic@s superheroes.

Ola peques e pecas, ás veces oímos falar de superheroes que teñen poderes como capacidade para voar, forza atómica,....poderes que non están ao noso alcance e que só existen nas pelis.
Pero no noso mundo hai moitas inxustizas e necesítanse persoas que loiten para eliminalas e que axuden aos demais. O verdadeiro poder do auténtico superheroe RESIDE NOS SEUS VALORES, os cales debe entrenar e reforzar ao longo de toda a súa vida.
Tod@s podemos ser AUTÉNTICOS SUPERHEROES porque dispoñemos de valores e ferramentas como:
Neste video, Súperpepo recorda o seu primeiro ano na academia de Superheroes de Jotam, e como conseguíu a súa primeira capa. Axudando a unha compañeira.
https://www.youtube.com/watch?v=KD7I_xjQQ6c&list=PLAf2-nEeqeuM1SO_BNDMFTStt6Axjz94T



Se queredes ver outros videos de Súperpepo pinchade na imaxe.













No mundo real hai moitos superheroes que loitan para mellorar as súas vidas e as dos demais. Aquí tedes a un auténtico superheroe.







FONTE UTILIZADA MANOS UNIDAS
Cos seguintes xogos tomaremos conciencia da importancia do cambio climático e a nosa responsabilidade e tamén sobre como previr desastres.
http://educacion.manosunidas.org/HTMLRes/Educacion/Flash/3600_riesgolandia_AeA/default.htm











http://educacion.manosunidas.org/HTMLRes/Educacion/Flash/3700_mi_planeta_MU/default.htm






Os peixes, por Idaira Caaveiro de 1º de EP.

 

" Os peixes ", por Idaira Caaveiro, de 1º EP.
 
 
Idaira falounos dos peixes. Foi superinteresante, ata nos trouxo a clase a Blacky e Nemo, os seus peixes… que traballo tan interesante!!

Fantástico, Idaira, a ver se outro día volven Blacky e Nemo!!!








.

A primavera, por Aroa Domínguez de 1º EP

 

" A primavera ", por Aroa Domínguez, de 1º EP.
 
 
Aroa quixo informarnos das características da estación que ven de comezar. Que cousas tan interesantes… un gran traballo!!

Xenial, Aroa, un tema moi oportuno e interesante!!!








.

DOCE CON NOCES!!!!!

Desta volta os cociñeiros larpeiros, superáronse...
Os lambociños e lambociñas de 2ºEP matinaron en facer un doce, eso sí, engadíronlle un produto moi saudable propio da data: noces.



Xa están listos, seguindo unha receita, para cociñar na casa!
                                             
                                  Familias, preparádevos.



VISITOUNOS... EVARISTO GARCÍA (Asesor Axenda 21)

 

  Despois de analizar o noso proxecto e aportar ideas para futuras actuacións co coordinador, intercambiou impresións co alumnado de 5º ( en representación de todos)  sobre reciclaxe, reutilización, aforro enerxético...
A súa maneira de preguntar / contestar e  a súa facilidade para contar anécdotas do seu pasado como mestre, fixeron moi amena a sesión, deixando un grato recordo entre os participantes.
 
 
 
 
 
Deixounos estes libros ben xeitosos

Quedounos ben claro que ser solidadarios co noso medio empeza nos pequenos detalles da vida diaria.


 
 
 
Grazas Evaristo e ata que volvas!
 
 

XA TEMOS COMPOSTEIRO !!!

 
 
 
Unha das actividades previstas para este trimestre dentro do proxecto da Axenda 21 é a instalación dun composteiro. Despois dunha primeira fase na que estivo no corredor da entrada para que o alumnado puidese observalo e familiarizarse con el, chega o momento de instalalo no exterior e iniciar a elaboración de compost.

 


*QUE É O COMPOST? O compost, como produto da compostaxe , é un material estable, hixiénico e semellante ao humus do bosque, que se pode empregar como abono natural  en substitución dos fertilizantes químicos.


A compostaxe pode realizarse nunha pila, pero é máis practico usar un composteiro.


*QUE NECESITAMOS PARA FACER COMPOST?

- Un sitio axeitado no xardín.
- Un composteiro.
- Unha ferramenta para voltear.
- Auga.
- Residuos de cociña ( restos de froita, verdura, borras de café...)
- Residuos vexetais do xardín ( restos de poda, ramiñas, follas secas, céspede...)














APRENDENDO CON TODA A ENERXÍA

Alí, con xogos e atendendo ás explicacións dos monitores  observamos experimentalmente as posibilidades da enerxía eólica, solar e maremotriz entre outras. Tamén puidemos comprobar as diferenzas entre as enerxías alternativas e as usadas durante moito tempo, como é o caso da térmica.
Resultou moi educativo comprobar a diferenza de consumo das lámpadas tradicionais  con relación ás de baixo consumo e tamén  ver canto consumen algún aparellos de uso diario.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS









Pero o momento máis agardado foi o de observar e manipular o material da loita contra o lume: vehículo motobomba, equipamento do persoal, sistema de comunicación e maneira de atacar o lume.


Un tempo ben aproveitado para ir creando conciencia de que na prevención dos incendios debemos participar todos.




 


Traballamos o Medio Ambiente....

Na clase de relixión traballamos o Día do Medio Ambiente baixo o título: "SOMOS COLABORADORES DA CREACIÓN". Se Deus nos da un mundo marabilloso a nosa responsabilidade é colaborar e coidalo para todas as xeracións vindeiras. Na clase falamos da importancia da auga para a nosa vida e relacionámolo co Bautismo, moitas grazas pola vosa colaboración con todas esas fotos.Fixemos dous grandes murais entre todos os cursos. Os alumnos  de Educación Infantil colorearon moitas frores e mariposas. En primaria decoraron gotiñas de auga moi marchosas; recortaron paisaxes da natureza e debuxaron moitos animais, sen olvidarnos da importancia da reciclaxe. Podedes ver fotos de todo......

Coa axuda da vosa familia podedes PINCHAR NA IMAXE e ver un documental e trailer baixo o título MAREA BLANCA onde se nos recorda que fai anos o petroleiro PRESTIGE afundiuse nas costas galegas e as 77000 toneladas de fuel que levaba convertíronse nunha marea negra nas nosas praias. Agradecemos a solidariedade  de centos de persoas.....




Aquí hai algunhas fotos dos murais.


Día Mundial do Medio Ambiente 2013 (A21EG e MeteoEscolas)


IMG_5076Hoxe , 5 de xuño, celebramos no noso cole o Día Mundial do Medio Ambiente.


Despois do recreo xuntámonos todas as nenas e nenos de Ed. Infantil e Primaria para asistir á presentación de dous dos nosos traballos colectivos de centro, integrados dentro dos proxectos de centro Axenda 21 Escolar de Galicia  e  MeteoEscolas:

 

Conchi presentounos o noso Refraneiro Meteorolóxico, feito con todos os refráns que recollemos no 2º trimestre, en galego, castelán e inglés. Se queredes podedes ampliar información nesta ligazón.

 

Despois Graña presentounos o Catálogo de especies arbóreas do cole e, a continuación, saímos a etiquetalos cos seus correspondentes carteis, encargándonos por cursos de colocalos. Podedes ampliar información nesta ligazón.

 

Finalmente, fixemos unha recollida colectiva de lixo que puidera haber nos patios, que algún ás veces chega arrastrado polo vento ou se nos pode escapar a nós mesmos…

 

Foi un día moi completo, pero non esquecemos que todos os días son días do Medio Ambiente!!!

 

 

.

Catálogo de especies arbóreas do noso cole!! (A21EG)

IMG_5083Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o catálogo de especies arbóreas do noso cole, como parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia para este ano.

Tras observar e identificar as diversas especies existentes nos patios do cole, seleccionamos as súas características principais, lles fixemos fotos e creamos uns carteis para etiquetalos.

Agora cando saiamos ao patio poderemos aprender pouco a pouco a recoñecelos e identificalos.

Gustounos moito saír a etiquetalos.

Podedes velos nesta publicación.

 

´.

O noso “Refraneiro Meteorolóxico” (Proxecto MeteoEscolas)

IMG_5071Hoxe, 5 de xuño de 2013, dentro das celebracións do Día Mundial do Medio Ambiente, presentamos o noso Refraneiro Meteorolóxico. Forma parte do noso proxecto de centro de MeteoEscolas.

 

Todos os curso recompilamos refráns relacionados coa meteoroloxía, tanto e galego e castelán como en inglés. Despois por cursos fomo facendo debuxos e, finalmente, os publicamos nun libro, que presentamos hoxe para que todos podades gozar e aprender con el.

 

Podedes botarlle unha ollada nesta publicación.

 

 

.

Charlas medioambientais e A21EG

IMG_5009Hoxe veu David a darnos unhas charlas medioambientais a todas as nenas e nenos de Educación Primaria, como actividade prevía á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que celebramos mañá.

Forman parte do noso proxecto da Axenda 21 Escolar de Galicia, que para o Día Mundial do Medio Ambiente imos celebrar con, entre outras cousas, a catalogación das especies arbóreas do noso cole.

Pasámolo moi ben  e aprendimos cousas moi interesantes en relación á natureza e medio ambiente que nos rodea.

 

Se queredes podedes botar unha ollada ás fotos nesta GALERÍA.

 

.

Cantamos cos Colorados


O NOSO PROPÓSITO DE CUARESMA.

Deus , como Pai bo, danos o regalo da Creación para disfrutala. É a nosa responsabilidade coidala . Por iso propoño como PROPÓSITO DE CUARESMA,(xa sabemos que para os cristiáns é tempo de cambio e de crecer no amor de Xesús e do próximo),  que fagamos un gran esforzo por cambiar aqueles hábitos que van contra o coidado do medio ambiente.  Ánimo podemos conseguilooooo!!!!!! Aquí vos deixo una canción que nos ensina moito.
 
LETRA DA CANCIÓN


Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar

Así es como puedes reducir

Lleva una bolsa cuando vayas a comprar
y compra solo aquello que realmente vas a usar
apaga las luces cuando salgas de tu cuarto
y cierra bien los grifos que gotean en el baño.

 

Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar  

Éstas son formas de reutilizar 

Si recibes un regalo nunca botes el papel
puedes hacer arte o algo lindo con él
los juguetes que no quieras los puedes donar
siempre hay alguien que no tiene nada para jugar. 

Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar.

Y no olvides reciclar

Separa las botellas y las latas de aluminio
separa las de plástico y las que son de vidrio
arregla los periódicos revistas y cartón
y lleva todo listo a un centro de recolección.

Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar

Ahora todos juntos chicos y grandes lo pueden hacer
el planeta Tierra te lo va a agradecer. 

Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar

 

Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar

 

Reducir, reutilizar y reciclar
reducir, reutilizar y reciclar

Canto tardan en degradarse...???

Se queredes saber canto tempo tarda a natureza en "limpar" o que nos tiramos, consumimos, non reciclamos... bótalle unha ollada a estes datos.

Despois pensa como podes axudar ao planeta e á natureza!!!

534789_482902155080548_1202883188_n

485302_485989348105162_1064069800_n

12216_457424487628315_1549600215_n

 

 

.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...