Día Mundial do Medio Ambiente 2013 (A21EG e MeteoEscolas)


IMG_5076Hoxe , 5 de xuño, celebramos no noso cole o Día Mundial do Medio Ambiente.


Despois do recreo xuntámonos todas as nenas e nenos de Ed. Infantil e Primaria para asistir á presentación de dous dos nosos traballos colectivos de centro, integrados dentro dos proxectos de centro Axenda 21 Escolar de Galicia  e  MeteoEscolas:

 

Conchi presentounos o noso Refraneiro Meteorolóxico, feito con todos os refráns que recollemos no 2º trimestre, en galego, castelán e inglés. Se queredes podedes ampliar información nesta ligazón.

 

Despois Graña presentounos o Catálogo de especies arbóreas do cole e, a continuación, saímos a etiquetalos cos seus correspondentes carteis, encargándonos por cursos de colocalos. Podedes ampliar información nesta ligazón.

 

Finalmente, fixemos unha recollida colectiva de lixo que puidera haber nos patios, que algún ás veces chega arrastrado polo vento ou se nos pode escapar a nós mesmos…

 

Foi un día moi completo, pero non esquecemos que todos os días son días do Medio Ambiente!!!

 

 

.

1 comentario:

  1. Just looking at your photos, it feels like I was also participating in your Earth Day. I learned a lot! Gracias!
    Pd. The kids are growing so fast like those trees and plants. Wow!

    ResponderEliminar

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...