Na clase de relixión traballamos o Día do Medio Ambiente baixo o título: "SOMOS COLABORADORES DA CREACIÓN". Se Deus nos da un mundo marabilloso a nosa responsabilidade é colaborar e coidalo para todas as xeracións vindeiras. Na clase falamos da importancia da auga para a nosa vida e relacionámolo co Bautismo, moitas grazas pola vosa colaboración con todas esas fotos.Fixemos dous grandes murais entre todos os cursos. Os alumnos de Educación Infantil colorearon moitas frores e mariposas. En primaria decoraron gotiñas de auga moi marchosas; recortaron paisaxes da natureza e debuxaron moitos animais, sen olvidarnos da importancia da reciclaxe. Podedes ver fotos de todo......

Coa axuda da vosa familia podedes PINCHAR NA IMAXE e ver un documental e trailer baixo o título MAREA BLANCA onde se nos recorda que fai anos o petroleiro PRESTIGE afundiuse nas costas galegas e as 77000 toneladas de fuel que levaba convertíronse nunha marea negra nas nosas praias. Agradecemos a solidariedade de centos de persoas.....
Aquí hai algunhas fotos dos murais.
You are the most beautiful creation!
ResponderEliminar