XA TEMOS COMPOSTEIRO !!!

 
 
 
Unha das actividades previstas para este trimestre dentro do proxecto da Axenda 21 é a instalación dun composteiro. Despois dunha primeira fase na que estivo no corredor da entrada para que o alumnado puidese observalo e familiarizarse con el, chega o momento de instalalo no exterior e iniciar a elaboración de compost.

 


*QUE É O COMPOST? O compost, como produto da compostaxe , é un material estable, hixiénico e semellante ao humus do bosque, que se pode empregar como abono natural  en substitución dos fertilizantes químicos.


A compostaxe pode realizarse nunha pila, pero é máis practico usar un composteiro.


*QUE NECESITAMOS PARA FACER COMPOST?

- Un sitio axeitado no xardín.
- Un composteiro.
- Unha ferramenta para voltear.
- Auga.
- Residuos de cociña ( restos de froita, verdura, borras de café...)
- Residuos vexetais do xardín ( restos de poda, ramiñas, follas secas, céspede...)














No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...