Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
ANPA MEDOÑAS
Que é a A.N.P.A. e que facemos
A A.N.P.A. Medoñas é unha Asociación de Nais e Pais sen ánimo de lucro cuxo obxectivo xeral é facer posible que os nen@s pertencentes a CEIP a Fraga realicen actividades distintas das académicas co fin de complementar a súa formación como cidadáns. Ao mesmo tempo pretende contribuír ao coñecemento, divulgación e trasmisión das costumes e cultura galegas.
A súa directiva está formada por nais e pais de alumn@s do centro que adican o seu tempo e esforzo de xeito desinteresado para lograr este obxectivo. Dentro das distintas actividades que vén desenvolvendo a A.N.P.A. podemos destacar:
Taller de plástica
No presente curso uníronse as actividades de manualidades e pintura. As clases son levadas a cabo por Carmen Bellas, licenciada en Belas Artes e cunha longa experiencia como monitora. Nas clases trabállanse diferentes técnicas dependendo da idade dos rapaces e ao remate do curso escolar exponse unha mostra dos traballos realizados no "Mercado Vello". Esta exposición está aberta a todo o público que desexe admirar a creatividade dos nosos pequen@s artistas.
Obradoiro de Teatro
Este obradoiro conta cunha traxectoria de 7 cursos no noso colexio, cuns excelentes resultados. Está dirixido por Montserrat Piñón, diplomada en Educación Infantil, monitora de teatro na escola de Teatro de Narón e integrante do grupo teatral "PINCOPE". Neste ano, debido á súa maternidade, o curso está sendo capitaneado polo seu compañeiro Pepablo. A actividade ten lugar os martes de 17 a 18 horas.
Obradoiro inglés de conversa
Esta actividade é unha novidade neste curso e está sendo impartida por Sara Ramos, licenciada en Filoloxía Inglesa. As clases impártense no colexio os martes e os xoves a diferentes horas dependendo da idade de os nen@s.
Festas e celebracións populares
A ANPA participa na celebración das festas do Magosto, Nadal, Entroido e Fin de Curso, aportando as bebidas e lambetadas propias de cada data como castañas, orellas, etc. Tamén convida ao chocolate con churros o Día da Paz grazas ao traballo altruísta de Carmen Mota, nai dun dos nosos alumnos.
Na Festa de Fin de Curso motiva a todo os alunm@s do pobo a disfrutar de diferentes obradoiros e xogos populares para despedir todos xuntos o curso.
Por último, contribúe nalgunha das festas sufragando os gastos da actuación de teatro.
Agasallos e subvencións
Esta asociación dende hai tempo subvenciona parte das excursións dos seus soci@s durante o ano escolar e obsequia con numerosos agasallos aos nen@s do colexio, tanto de maneira individual como colectiva.
Almorzos
Desde o curso 2010-2011 a A.N.P.A. encárgase de organizar o programa “Almorzos no Cole” co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.
Actividades deportivas
A A.N.P.A. intenta promover e estimular a práctica do deporte como actividade física, mental, lúdica e preventiva entre os nosos nenos a través da participación en ligas, torneos, carreiras, maratóns e calquera outro evento deportivo que se celebre na localidade.
A directiva da ANPA participa no desenvolvemento e organización de actividades tan populares na nosa vila como son a liga escolar de fútbol sala, os distintos maratóns de fútbol sala de ABRENTE, o Torneo Anual de Xadrez, a Carreira de San Xosé e a Carreira Campo a Través.
Queremos aproveitar estas liñas para agradecer a todas aquelas persoas que dun ou outro xeito contribuíron co seu tempo, esforzo, ganas e ideas a ir consolidando un modelo de asociación que cremos fundamental no funcionamento do Colexio. Co seu apoio reiterado os nosos fillos puideron gozar dunha educación máis alá da meramente académica e aínda que todos esteamos acostumados a que estas actividades formen parte, ano tras ano, do quefacer diario de nosos pequenos, requiren unha mínima organización e tamén a comprensión e apoio de todos os integrantes da nosa asociación.
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...