![clip_image002[6] clip_image002[6]](http://lh4.ggpht.com/-ZI67IZk45io/T8I9rvN3CXI/AAAAAAAAJX8/O2re_nbSkxE/clip_image0026_thumb.jpg?imgmax=800)
A profesora de Relixión Católica para educación infantil e primaria é Cristina Gómez Pita.
Na clase de Relixión buscamos unha educación en valores destacando a igualdade entre as persoas de distintos sexos e de distintas razas e fomentando o respecto entre elas.
Intentamos tamén desenrolar un comportamento afectivo-social destacando o aprecio e respecto das diversas crenzas relixiosas; o agradacemento e confianza en Deus que nos quere e se ocupa de nós e o agradacemento a Xesús polo seu amor.
A metodoloxía empregada é activa, creativa e participativa, que combina as actividades individuais coas de grupo, promove o protagonismo do alumnado mediante lecturas en voz alta, presentación en público dos traballos, exposición dos contidos, ....
A avaliación é continua tendo en conta os traballos do caderno, as actividades de aula e a actitude.
A nota calcularase de xeito ponderado baseándose nas seguintes porcentaxes: 70% traballo diario e 30% actitude.