A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou, como un dos seus documentos máis relevantes, a Axenda 21.
En realidade a Axenda 21 significa un plan de traballo global para o século XXI, un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sostible, que comprende e conxunta cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.
A Axenda 21 Escolar é o compromiso do CEIP A Fraga para traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro educativo e o seu contorno, aceptando a súa parte de responsabilidade en mellorar o presente e o futuro de todos e contribuíndo así, desde o seu nivel local, á sostibilidade global do planeta.
OBXECTIVOS XERAIS
- Motivar á comunidade educativa a participar e implicarse na A21EG.
- Fomentar a participación e a responsabilidade a través das accións que desenvolva o programa.
- Considerar a A21EG como un Programa de centro.
- Mellorar a xestión dos recursos do centro mediante o fomento de prácticas de consumo responsable: introducir cambios de hábitos individuais e colectivos do alumnado, profesorado, persoal non docente...